GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

166
1317, abril, 25. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Domingo Melleo, á súa muller, Inés Fernández, e a unha persoa un formal na porta de San Pedro por 20 soldos anuais.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 33v, traslado ao Libro do Cab. polo notario Rui Fernández: 1341-II-25.

Sabeam quantos esta carta viren, commo nos o dayam et cabidoo de Lugo, damos et outorgamos avervo a vos, Domingo Melleo, ferreyro da Porta de Sant Pedro, et a vosa muller Eynes Fernandes, et a hun vosso fillo ou pesoa pus vos qual nomear o pustrimeiro de vos o dia de sua morte, o noso formal que he a a Porta de Sant Pedro, fora de villa de Lugo, o qual foy do bispo don Rodrigo, et ias cabo da casa que foy de Pay Rey da huna parte, et o camino que vay para a fonte de Sant Pedro da outra, con suas entradas et seydas, a a tal pleyto conven a saber: que vos façades y huna casa de parede cuberta de lousa et a tenades por en todos vosos dias vos et voso fillo d'anbos ou pesoa sobreditos, et nos dedes della cada anno viinte soldos desta moeda del rey don Fernando. Et a a morte do pustrimeyro de vos ou de voso fillo ou d'aquella pesoa que vos nomeardes a de ficar a dita casa feyta a nos et a iglesia de Lugo con todo los boos paramentos que y foren feytos. Et nos, Domingo Mellio et Eynes Fernandes, que estamos presentes, asi recebemos de vos, dayam et cabidoo, o vervo da dita casa por nos et por noso fillo ou pesoa que for nomeada, et obligamos nos et todos nosos bees para pagar cada anno os ditos vinte soldos et para conprir todo esto que dito he sen contenda nehuna. Et por que esto seia çerto nos, o cabidoo sobredito, mandamos seellar esta carta de nosso seello.

Feyta en Lugo viinte et çinquo dias d'abril, era de mill et treçentos et çinquaenta et çinquo annos.

Testemoyas: don Martin Eanes, dayam de Lugo, don Fernan Eanes, archidiago de Neyra, don Johan Eanes, thesoreiro de Lugo, ts.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, dado por auctoridade do bispo dese miismo lugar, vi et ley a carta sobredita escripta enno tenor sobredito et seellada con seello do sobredito cabidoo et a rogo do sobredito cabidoo de Lugo et por mandado et auctoridade de don Pedro Iacome, juyz de Lugo, vervo por vervo en este livro do cabidoo trasladar fige en mina presença et puge y meu signal en testemoyo de verdade.

Que foy feito en Lugo XXV dias de fevreyro, era de mill et CCC LXXta et nove annos.

Testemoyas: don Fernando de Deus, chantre, don Aras Pellaes, thesoreyro, Lopo Domingues et Affonso Eanes, clerigos do choro de Lugo.