GMH/ÍNDICE A-Z

631
1360, outubro, 27. Lugo
Traslado autorizado de varias cartas: unha do rei don Pedro pola que manda a todos os meiriños de Galicia que non fagan xustiza nos coutos do bispo de Lugo (1352-IX-29, Soria. CD 590). Carta de Suero Eanes, adiantado maior, no mesmo sentido (1352-IX-27, Lugo. CD 586). André Sánchez, meiriño maior (1358-V-16, Outeiro de Rei. CD 622). Xoán Rodríguez de Rosales, meiriño maior, por Fernández de Velasco, adiantado maior en Galicia (1358-IX-26, Lugo. CD 626).
LUGO, AC, Tumbillo Nuevo, con referencia ao lib. 10, n.º 49.

Eu Aras Peres, notario publico ena audiencia do onrrado padre e señor don frey Pedro Lopes, por la gracia de Dios, obispo de Lugo, dado por autoridade do dito señor obispo, vi as ditas cartas dos ditos señor rey, e Sueyro Yanes, e Andreu Sanches, e Johan Rodrigues, merinos sobreditos, scritas en papel e seelladas con seellos, feitas enos tenores sobreditos, e a rogo e pedimento do dito señor obispo, e por autoridade de don Lopo Domingues, juis de Lugo, trasladei as ditas cartas verbo por verbo, non cadendo nen mudando nengua cousa por que a sustancia da verdade podese seer mingoada, a o qual traslado o dito juis deu autoridade que valuese e fesese fe en todo lugar asi como os originaes verdadeiros das ditas cartas.

Feito este traslado en Lugo, veinte e sete dias de octubre, era de mil e tresentos e noventa e oyto años.

Testigos: Ruy Gonzales, coengo de Lugo; Pedro Domingues, Fernan Alvares, Pedro Ferrnandes homes do dito juis, e outros. (+).