GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

89

1331, febreiro, 27, Vilamaior-Mondoñedo.
Documento de foro outorgado polo Cabido mindoniense a favor de Xoán Miguélez dunha herdade destinada a viña, sita en Pumariño (Mondoñedo), en canon foral da cuarta parte do viño e da froita das árbores.
A, perg. de 350 x 190 mm. Letra gótica cursiva.

Saban quantos esta carta viren commo eu Johan Deus deam et cabidoo da iglesia de Mendonnedo seendo / en cabidoo por canpaa taniuda segundo que he de costume porque a nos fora dito que uos Johan Migueles et Maria / de Vilalua uosa muller non aproueytarades nen poseerades en madeyra a vinna ao tenpo que deuerades uos / nen aqueles que esto deueran a faser do terreo que uos conprastes de Johan Eanes coengo nosso miistrador / que foy dos meses da nossa amiistraçon de Vilamayor et uos lo mandaramos por esta rason / reçeber o qual terreo he de nossa herdade que perteece ao nosso casal et herdamento de Pumarinno commo se / departe dos herdamentos que iasen aderredor del segund que se conten na uossa carta de conpla et uos fe/sestesnos pretesto que uos reçebesemos fiador pera dereyto et uos tornassemos en uossa possisson do / qual terreo et vinna auyades a dar a nos o cabidoo o quarto do vinno que Deus y desse et uos sobre esto [...8] despoys ueestes a nos seendo en cabidoo commo dito he et destesnos a entender et mostrastes / que despoys que o dito terreo et lugar conprarades feserades en el muyto ben et laurandoo et poendo en / madeyra a vinna et que uos custaroa muyto do uosso auer et pedistesnos que uos reçebessemos sobre(?) elo a mesura et o ben et catassemos aa custa et ao traballo que y ia laurarades et que uos outorgassemos et aforassemos o terreo et a vinna sobreditos por en uossos dias danbos et de cada vn / de uos por lo quarto de vinno segundo que primeyramente fora o dito terreo aforado a Affonso Peres dito Corna / et a sua muller Maria Eanes et despoys de uossa morte aquel ou aqueles que ficassem en uossa uos / que desse a nos o cabidoo et ao nosso amiistrador a terça parte de todo o vinno que Deus y desse / ao çesto ou ao lagar segundo que he de costume. Nos o deam et cabidoo sobreditos por rason de / uos fasermos y graça et entendendo que esto he prol da yglesia et cabidoo afforamosuos o dito / terreo et vinna por iur herdeyro pera uos en uossos dias et pera uossa uos pera senpre enna dita / maneyra que nos pedistes et rogastes conuen a saber que uos anbos et cada vn de uos en uossos / dias que nos dedes o quarto do vinno que Deus y der et da fruyta das aruores que chantaredes a / derredor et despoys de de uosa morte danbos quen veer en uossa uos que nos de a terça / do vinno et da fruyta das aruores como sobredito he. Et uos et quen ueer en uossa uos deuedes / a manteer a dita vinna en madeyra et laurardesla ben a vista de hommes sabedores et lauradores / de vinna et non lo conplindo assy que a herdad et a vinna que se torne liuremente ao cabidoo con quantas / mellorias y foren feytas et deuedes a poer en forca et en latas toda a dita vinna ata dous / annos conplidos destas kalendas janeyras que agora passaron da era desta carta et ata os ditos dous / annos acabados non caedes por esta rason en pena nen en danno. Et nos Johan Migueles et Maria de / Vilalua sobreditos autorgamos este foro et esta carta et todas las cousas que se en ela conteen et / cada vnna delas. E que esto seia çerto nos o deam et cabidoo mandamosuos ende faser / vnna carta por Pedro Eanes raçoeyro et notario publico da yglesia de Mendonedo et seelada de noso sello. / Et outrosy mandamosla trasladar no liuro do cabidoo.
Et eu Pedro Yanes raçoeyro et notario sobredito a esto presente foy et por mandado do dayan et cabidoo / sobreditos et a rogo dos ditos Johan Migueles et Maria de Vilalua esta carta en minna presença fis / escriuir et en testemoyo de uerdade suescriui en ela et puge meu sinal acostumado que he tal. Testemoyas que presentes foron o dayan sobredito don Affonso Peres chantre don Roy Peres archidiago / de Viueyro Roderico Yanes Fernando Fernandes Gonçaluo Peres Paulucho Beyto Martines et Johan Fernandes / Angilea coengos de Mendonnedo et Domingo Pelaes porteyro do cabidoo. Feyta en Vilamayor / uiinte et sete dias do mes de febreyro Era de mill et ccc et sessenta et uoue annos. ( Signo, no que se le: Petrus Johannis notarius).

(Reverso):
M. viii n. 21. Carta de foro de vna heredad en Pumarinno que fizo el cabildo. Es junto a San Juan.