GMH/ÍNDICE A-Z

101
1434, febreiro, 14

Juan Fernandes Agulla, veciño de Pontevedra, afora para senpre a Gonçalvo Eanes e á súa muller unha leira de viña chamada Janeira, en San Mamede de Moldes, por foro do cuarto do viño.

(ff. 47-48)

XIIII dias do dito mes de fevereiro. Sabean todos que eu, Juan Fernandes Agulla, vesiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mi et por todas mias voses, aforo // et dou en aforamento para todo senpre a vos Gonçalvo Eanes et a bosa moller Elvira Fernandes, moradores ẽna dita villa de Pontevedra que sodes presentes, et a todas vosas vozes toda a mia leira de viña desimo a Deus que dizen por nome a Janeira, a qual esta fiigresia de San Mamede de Moldes et a qual vay de longo con outra viña do moesteiro de San Domingo da dita villa da hua parte, et da outra eso mesmo vay de longo con outra viña de Afonso Gago meu irmao, que agora por el labra Vasco Lan (?) carniçeiro, et entesta ẽno regeiro da auga que vay junto con outra viña que lavra Vasco pedreiro et Juan Fremoso toneleiro et ven seyr aa congostra que vay de Pontevedra para San Cibrao et a qual a mĩ pertesce por meus padre et madre et avoos. Et aforovos como dito he a dita leira de viña con seu terreo en que esta et con seu muro et çerca et entradas et seydas et perteensças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven asi de feito como de dereito, et que lavredes a dita vida de cava, arrenda et rodriga et a esterquedes et muredes et valedes et requirades de todos los outros lavores que ouver mester en maneira que se non perga por mingoa de lavor et chousura, et do viño que deus en ela der devedes de dar a mĩ et a mĩas boses en cada un ano por senpre vos et a dita bosa moller et vosas vozes o quarto do biño mosto aa dorna, o disemo a deus pago de consũu, et vos averdes os outros tres quartos por vosa lavor et feitio, et devedes de vendimar por mĩ ou por meu home, et provier de comer et de beber a mĩ ou ao que por mi estever ao partir do dito biño. Et avendo de vender ou sopennorar este dito aforamento et o feitio que ende feserdes a mĩ et a mĩas boses o devedes de fazer querendo nos, et non o querendo que enton o façades a personas semitavels de vos que teñan e conpran esto que vos asi obligades de conprir et pagar, et por eso eu o dito Juan Fernandes et mĩas boses non vos devemos de toller nen tirar este dito aforamento por mas nen por menos nen por al tanto que outra persona nos por // elo de, nen por disermos et alegarmos que ouvo et ha en elo engãno mas da metade do justo preço, nen por outra rason algũa, ante prometo et outorgo de vos defender et anparar por senpre con este dito aforamento por senpre, por mĩ et por meus bẽes que a elo obligo, et so pena de mill mrs. que vos peite etc. Et eu o dito Gonçalvo Yanes et mĩa moller, que asi somos presentes, asi outorgamos et resçebemos este sobre dito aforamento por las maneiras et consições sobre ditas, et prometemos et outorgamos que nos et nosas vozes o teñamos et conpramos asi por nos et por todos nosos bẽes que vos a elo obligamos, et so a dita pena etc. Et a pena etc. todavia etc. Feito o estromento na dita villa de Pontebedra, anno, dias, mes sobre ditos. Testemoys, Lourenço Garçia alfayate, Juan Domingues folgado carniçeiro, yrmao do dito Gonçalvo Yanes, et Juan barbeiro o moço, et Pero Yanes, criado do dito Juan Fernandes, et outros.

Feito duas beses.