GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

32
1433, maio, 31

María de Santa María, viúva de Juan de Santa María, notario que foi de Pontevedra, recoñece que debe a Ares Garcia de Rajoo, mercader da vila, 500 maravedis.

(f. 15)

Predito. Sabean todos que eu Maria de Santa Maria, moller que foi de Juan de Santa Maria, notario que foi da villa de Pontevedra, que soo presente, confeso et outorgo que devo et ey de dar et pagar a vos Ares Garçia de Rajoo, mercador, visiño da dita villa de Pontevedra, que sodes presente, quinentos maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos quinentos maravedis da dita moeda me vos enprestastes por me faser amor et graça et boa obra; et vos los eu fiquey devendo por toda conta feita et rematada ontre min et vos ata oje questa dita carta he feita. Et os ey ja en meu jur et poder bem et conpridamente et sen mingoa algũa, et renuncio as leis do dereito de non numerata pecunia et do Beliano que fala en favor das molleres et a toda outra exençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del, et se o diser, que me non balla, et os quaes ditos quinentos maravedis da dita moeda que me asi enprestates et vos eu fiquey asi devendo por toda a conta, como dito he, vos prometo et outorgo de dar et pagar deste dia de San Martiño do mes de novenbro primeiro que verra deste dito ano ata un ano conprido o primeiro seguinte, por min et por todos meus bẽes movles et rayses et espeçialmente por la mĩa (...) ra de viña, disimo a Deus, que vos, o dito Ares Garçia, por min labrades, que vos a elo obligo et meto en jur et mão et posison et so pena do doblo da dita contia que outorgo que vos peite por pena et en nome do interese se o asi non tover conprir et contra elo viir, et ante me obligo de vos dar et pagar a pena, se en ela cayer, que o prinçipal, et despois pagar o prinçipal a pena toda enteiramente, et a pena pagada ou non esto, como dito, este firme en sua revor. Et eu, o dito Ares Garçia, que soo presente, asi o resçebo. Feita a carta ẽna dita bila de Pontevedra, ano, dias, mes, sobreditos.

Ts. que foron presentes: Pero Gomes, prateiro, bisiño da dita villa de Pontebedra, Frey Juan de Fontenla et Frey Juan de Lagia, monjes do mosteiro de San Juan de Poyo, et outras.