GMH/ÍNDICE A-Z

71
1433, outubro, 25

Juan Leiton, mareante, e a súa muller Maior Leitoa, moradores en Pontevedra, aforan para sempre a Fernan Sardiña, mareante, morador en Combarro, e a Juan Gonçalves de Vilanova a terceira parte dos dous tercios do casal da Armada, por foro de dous celemíns de pan e tres de castañas.

(ff. 33-33 v)

Viinte et çinco dias do dito mes de oytubre. Sabean todos que eu Juan Leiton, mareante, et mĩa moller Mõor Leitoa, moradores ẽna villa de Pontebedra, que somos presentes et que fasemos por nos et por nosas vozes, aforamos et damos en aforo, desde oje este dia para todos senpre, a vos Fernan Sardiña, mareante, morador en Conbarro, que sodes presente, et a vosa moller Catalina Rodrigues et a todas vosas vozes, en hũa metade deste aforo // (...) Juan Gonçalves de Bilanova, que eso mesmo sodes presente, et a vosa moller Taraija Oanes et a toda vosas vozes, ẽna outra meatade, a terça parte dos dous terços de todo o casal, casas et herdades et viñas et plantados do casal que disen da Armada, con todas las outras herdades et bouças et devesas et arvores que ẽno dito lugar ajamos et nos perteesçan, asi ẽno dito lugar que disen da Armada como en todo o couto de San Juan de Poyo, por qualquer rason que as ajamos, salvo que non entra en este aforamento o foro de Juan da Armada; et aforamosvos esto, como dito he, para senpre, para que façades delo o que quiserdes et por ben toverdes, et que pagedes ao moesteiro de San Juan et convento del todo o foro et penson et dereito que ha cada ano ẽnas ditas herdades et casal et viñas, en maneira que nos quitedes delo a pas et salvo por senpre, et demas que dedes a nos et a nosas vozes, vos et as ditas bosas molleres et vosas vozes, por renda, çenso, conosçemento delo en salvo, sen desconto algũu, dous çeramis de çenteo linpo de poo et de palla et mas tres çeramis de castañas verdes, o qual pan et castañas nos devedes pagar no dito lugar por cada dia de todos los santos, medido todo por la medida dereita da praça da villa de Pontebedra, et asi en cada un ano para todo senpre; et con esto seerdes anparados con este dito aforamento de todo enbargo por senpre por nos et por nosos bẽes que a elo obligamos, salvo que avedes de pagar ao dito moesteiro de San Juan et convento del todos o foro et dereito et penson que asi han no dito casal et herdades et viñas del. Et nos os ditos Fernando Sardiña et Juan Gonçalves, que asi somos presentes, et que fasemos por nos et por las ditas nosas molleres et nosas vozes, asi outorgamos et resçebemos o sobre dito aforamento suso contiudo et outorgamos et prometemos que nos et as ditas nosas molleres et nosas vozes pagemos cada un ano ao dito moesteiro de San Juan todo o foro et dereito et penson que asi han no dito casal et, eso mesmo, a vos os ditos Juan Leiton et bosa moller et bosas vozes os ditos çeremis de pan et castañas, et tenamos et conpramos todo o sobre dito aa boa fe et sen maao engano et por nos et por todos nosos bẽes que nelo obligamos; et esto, como dito he, deve de ser conprido etc. et so pena de quinientos mrs. que peite a parte de nos etc. et a pena etc, todavia etc. Testemoyas: Pero Cruu o bello, jurado, frey Afonso de Vilares, monje de Poyo, et Garçia Afonso, mareante, et outros.

Feita.