GMH/ÍNDICE A-Z

80
1433, novembro, 15

Juan Fernandez Agulla, veciño de Pontevedra, afora a Afonso Eanes, forneiro, e á súa muller María Fernandes, por tempo de 12 anos, a súa viña do Couto cerca de Pontevedra, por foro da metade do viño.

(ff. 37 v-38)

Quinse dias do dito mes de novembro. Sabean todos que eu, Juan Fernandes Agulla, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas vozes, aforo et dou en aforamento a vos, Afonso Eanes, forneiro, besiño da dita villa, et a vosa moller Maria Fernandes, que sodes presentes, et a vosas vozes a mĩa biña, desimo a Deus, que esta ẽno lugar que disen o Couto, que e açerca da villa de Pontevedra, con todas suas entradas et seydas et perteensças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven de dereito, et segundo et por la via que a por mĩ suya labrar antes desto Juan Garçia afuraao; et aforo vos, como dito he, a dita leira de viña por tenpo doje este dia ata dose anos conpridos primeiros seguintes, ẽnos quaes ditos dose anos, et en cada un deles, vos et a dita vosa moller et vosas bozes devedes de lavrar a dita biña de poda, cava, arrenda, rodriga, et esterquarla et murarla et requerirla de todos los outros lavores que ouver mester, en maneira que se non perga por mingoa de lavor et chousura; et outrosi devedes de abrir et faser porta ẽno muro da dita viña escontra a viña de Vidal; et eu, o dito Juan Fernandes, devo vos de dar as tavoas para faser a çarradrua para ela et vos poerdes todo o al por vosa custa; et do viño que Deus na dita viña devedes de dar a mĩ et a mĩas vozes a metade del en salvo, mosto aa dorna, o desimo a Deus pago de consũu, et vos averdes a outra metade por voso lavor et feitio, o qual devedes de vendimar ẽno meu lagar, se queserdes, et apartar o dito do lagar por vosa custa et, eso mesmo, vendimar et coller o dito viño por meu mandado, et proveer de comer et de beber a mĩ ou a mĩas boses, ou ao que por nos estever ao partir do dito biño, et asi en cada un ano por lo tenpo dos ditos dose anos; et outrosi devedes de aver para vos, por lo dito tenpo dos ditos dose anos, a mĩa parte da bouça da Folloa para faser en ela madeira et rodriga para a dita viña; et avendo de vender ou sopenorar ou enallear ou trasmutar este dito aforamento, a mĩ ou a mĩas boses o devedes faser, tanto por tanto, segundo que vos outro por elo der, querendo nos, et non querendo, que enton o façades a persona simitavlle de vos, que teña et conpra et agarde esto que vos sodes tiudos et obligados de teer et conprir, et seerdes anparados et defeso con este dito aforamento vos et a dita bosa moller et vosas vozes de todo enbargo eno dito tenpo dos ditos dose anos, por mĩ et por meus bẽes que vos a elo obligo, et so pena de mill mrs. de boa moeda, que outorgo que vos peitemos por pena eu ou mĩas bozes, seo asi non toveremos, conpriremos et contra elo vieremos. Et nos, os ditos Afonso Eanes et mĩa moller Maria Fernandes, que somos presentes et que fasemos por nos et por nosas vozes, asi resçebemos et outorgamos este dito aforamento por las maneiras et condiçõos sobreditas, et prometemos et outorgamos que nos et nosas bozes o tenamos et conpramos et agardemos asi o dito tenpo dos ditos dose anos, aa boa fe de Deus et sen mao engãno, et por nos et por todos nosos bẽes que a elo obligamos, et so a dita pena que outorgamos de pagar de pena a vos o dito Juan Fernandes ou a bosas boses seo asi non teveremos, conpriremos et contra elo vieremos, et, a pena pagada ou non, esto como dito he este firme en sua revor. Que foi outorgado na dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobreditos. Testemoyas que foron presentes: Afonso Gago, labrador, et Juan Peres, criado do dito Afonso Yanes, Fernando, moradores na dita villa de Pontevedra et outros.

Feita