GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

113
1315, decembro, 5
foro

García Paz, dito Burzes, afóralle a perpetuidade a Estevo Lourenzo, capelán da Trindade, unha viña en Sesnande por 15 libras de moeda portuguesa e dous capóns.



ACOu, Clérigos do Coro, 68

Sabean quantos esta carta viren que eu Garçia Perez dito Burzes çidadao d’Ourense dou e outorgo a foro para senpre a vos Estevoon Lourenço capelan da Triidade huna leyra de vina que aio hu chaman Sesnande, a qual parte pela vina que foy de Marina Copiña da huna parte e pelo camino publico que vay para San Çibrao da autra, et fer en fondo (...)a que ten Lourenço Perez de Ribadavea. Dou vos a foro a dita leyra con sua (figueyra) e con sas perteenças por tal condiçon que vos e vossa voz ha aiades e persuyades en jur de herdade para por senpre e a lavredes e paredes ben de guisa que non deffalesca por mingoa de lavor e paguedes ende foro de quinta aa Triidade e o aniverssaryo que y ha e dezemo, et dedes ende a min cada anno en salvo por dia de Natal des este Natal primeiro que ven en deante quinze libras de moeda portuguesa de que contan quareenta par de diñeiros novos por tres libras e dous capoens, e desque non correren diñeiros portugueses en este reyno commo ora corrren que dedes a estimaçon ao dia sobredito segundo estimaren as outras rendas da terra que foren feytas de diñeiros portugueses. Et eu Garçia Perez sobredito obrigo min e todos meus beens a vos deffender e vossa voz por senpre a dereyto con esta leyra e con sas perteenças. Et eu Estevoon Lourenço obrigo min e todos meus beens a pagar e conprir quanto sobre dito he. Et anbas las partes outorgan que quen quer que contra esto quiser passar peyte a autra parte de pena çincoeenta mor. e aa voz del rey outros çincoeenta mor. e a carta fique firme para por senpre. Feyta a carta vº dias de dezenbro, era de mill e ccc e liii annos. Tests. Lourenço Fernandez, Johan Diaz capelan da Triidade, Johan Eanes yrmao de donna Maria, Johan Paez (...) de Costança Affonso, Pero Lourenço clerigo, e a mia voz.

Et eu Joan Martinez notario d’Ourense e dos coutos da igleia desse lugar polo bispo e por essa igleia a esto foy pressente e en mia pressença o fige escrivir e meu sinal y puge.

En Ourensse.

(sinal)