GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

214
1333, maio, 3
venda

Maior González e a súa irmá Eufemia véndenlles a Pedro Domínguez dos Brancos e ao mercador Roi Pérez, e ás súas respectivas mulleres, Dominga Iáñez e Maior Domínguez, dúas viñas en Regueiro Foxado por 640 mrs.

ACOu, Fábrica e Capelas do Santísimo I, 43

Enno nomme de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren que eu Moor Gonçalves moradeira en Ourense na rua de Penna Vigia, filla de Gonçalvo Fernandes que foy, presente e outorgante meu marido Domingo Martines çapateiro et eu Ouffemea Gonçalvez moradeyra enno dito lugar de Penna Vigia, yrmaa da dita Moor Gonçalves filla do dito Gonçalvo Fernandes, por nos e por toda nossa voz vendemos e entregamos logo por esta presente carta a vos Pero Dominguez dos Brancos e a vossa moller Dominga Eanes na huna meatade et a vos Roy Perez mercador e a vossa moller Moor Dominguez na outra meatade et a toda vosa voz para senpre duas leyras de vinas que nos avemos en termio d’Ourense a par do rio de Fossado, das quaes a huna iaz alende o rio contra Seyxalvo et a outra a aquende, as quaes a nos ficaron de parte do dito nosso padre que foy, et a leyra que iaz alende o rio contra Seyxalvo iaz da huna das yllargas a par da leyra de Gonçalvo Greyzes et da outra a par doutra leyra do cabidoo et entesta en çima no camyno que vay para Raayro et fer en fondo na de Ares Eanes da rua Nova que foy, et esta outra leyra que iaz aquende o rio iaz da huna das yllargas a par doutra leyra de Gonçalvo Greyzes e da outra a par doutra leyra do cabidoo et entesta en çima na que foy de Pero Dominguez da Ayra et en fondo fer no rio. Vendemos vos as ditas leyras con as arvores que en elas estan e con sas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças de dizemo a deus e livres e quites de todo outro enbargo, assy que vos e toda vossa voz as aiades e pessuyades daqui en deante en jur de herdade para senpre, et façades delas toda vossa voentade livremente que quer que vos aprouver, ca outorgamos que somos ben pagadas de todo o preço que a nos e a vos aprouvo de nos por elas dardes, conven a saber seysçentos et quareenta mor. de diñeiros brancos desta moeda de nosso señor el rey don Affonso que contan xvi par por tres mor. dos quaes nos logo outorgamos por ben pagadas e os avemos ia en nosso jur e en nosso poder ben e conpridamente en diñeiros contados. Et renunçiamos spresamente aa eyçepçon de non numerata pecunya. Et logo todo jur, voz, señorio, posisson, propriadade e dereito que nos avemos ennas ditas leyras todo o tollemos e removemos de nos e de toda nossa voz et poemoslo en vos os ditos Pero Domingues e Roy Perez e ennas ditas vossas molleres e en toda vossa voz para senpre por esta presente carta, et obligamos nos e todos nossos beens gaanados e por gaañar para anparar vos e toda vossa vos senpre a dereito con as ditas leyras. Et quen quer da nossa parte ou da estranya que contra esto passar aia a yra de deus e a nossa maldiçon et peite aa voz del rey por pena cinqoeenta mor. da boa moeda et aa vos ou a vossa vos quanto demandar dobrado et a pena pagada ou non esta carta e venda sobredita fique firme e valla para senpre. Feyta a carta en Ourense, tres dias de mayo, era de mill e ccclxx et hun anno. Tests. que presentes foron Johan Eanes dito Leyteyro carniçeiro, Domingo Martines subrino do dito Roy Peres, Duran Eanes canbeador, Pero Gostey lavrador, Johan Ledo home de Johan Ares de Penna Vigia, Pero Vasquez e Pero scrivan homes do dito Pero Domingues moradores en Ourense.

Et eu Johan Eanes notario publico por nosso señor el rey en Ourense en lugar de Vaasco Peres da camara do dito señor e seu notario publico da dita villa a esto presente foy e esta carta en myña presença fige escrivir e puge y meu signal en testemunyo.

(sinal)

[reverso] Cartas das vinas de Rio de Fosado.