GMH/ÍNDICE A-Z

273
1345, decembro, 19
foro

Os clérigos do coro afóranlles a tres voces a Pedro Fernández e á súa muller unha viña na Forcadura por quinta ao señorío e a eles 3 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 71

Sabean quantos esta carta viren que nos Pero (...) e Garçia Alvares procuradores dos clerigos do coro da (...) dos ditos clerigos en nosso nomme e dos ditos clerigos do coro afforamos a vos Pero Fernandes e a vosa moller (...) et a tres vozes apos (vosa morte) quaes nomear o postremeyro de vos a tenpo de seu finamento, huna viña que os ditos clerigos do coro an que foy de don Johan Aras e de donna Ouffemea da Triindade, a qual viña iaz na Forcadura et parte da huna das yllargas con a viña d’Orraca Peres moller de Johan de Ben et de Pero Domingues dos Brancos, et da outra yllarga parte con viña que foy do arçidiago don Pero Rodrigues, et en çima entesta na seara do bispo, et en fondo topa na viña que ora ten Johan Guiça clerigo do coro. Afforamosvos a dita viña a vos e aa dita vossa moller e aas ditas tres voses apos vosa morte segundo dito he por tal condiçon que a lavredes e paredes ben en maneira que non defalesca por mingoa de lavor nen por mao paramento, et façades foro de quinta ao senorio, et daredes cada anno en salvo aos clerigos do coro que pelo tenpo foren por dia de San Andres tres libras de brancos da moeda de noso señor el rey don Affonso de que contan xl par de diñeiros noves por tres libras. Con a qual viña vos deven os ditos clerigos do coro a deffender e anparar vos e a dita vosa moller e as ditas vozes a dereito no dito tenpo. Et eu o dito Pero Fernandes por min e pola dita miña moller que non he presente e polas ditas nosas vozes assy reçebo a dita viña afforada segundo dito he, et para lavrar e ben parar e para fazer o foro ao senorio et pagar cada anno aos ditos clerigos do coro as ditas tres libras obligo todos meus beens gaañados e por gaañar. Et demays se eu o dito Pero Fernandes e a dita miña moller e nosas vozes non lavrarmos e pararmos ben a dita viña que os ditos clerigos do coro que a posan tomar con todo seu bon paramento. Et as ditas vozes seydas que a dita viña fique livre e desenbargada con todo seu bon paramento aos ditos clerigos do coro. Posto foy e outorgado ontre as ditas partes que qual quer delas que contra esto pasar e o non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar por pena çen mrs. de brancos et aa voz del rey outros tantos et a pena pagada ou non esta carta e afforamento fique firme e valla no dito tenpo. Feyta a carta en Ourense, dez e nove dias de dezenbro, era de mill e tresentos e oyteenta e tres annos. Tests. Pero Vidal clerigo do coro, Johan de Ben e Gonçalvo çapateiros, Domingo Anes de Melees.

Et eu Fernan Gonçalvez notario publico da çidade d’Ourense jurado pola ygleia desse lugar que a esto presente fuy e por mandado das ditas partes en myna presença fige escrivyr duas cartas partidas por .a.b.c. e meu signal y puge en testemoyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta da viña da Forcadura.