GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

38
1301, maio, 16
foro

O bispo Pedro afóralle a perpetuidade ao cóengo Pedro Rodríguez o casal de Vilameá e unha leira en San Xurxo da Touza por terza do casal e media da leira en vida e despois media de todo, vasalaxe e contribución aos pedidos.

 

ACOu, Escrituras V, 28

 

Enno nomme de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren que nos don Pero pela graça de deus bispo de Ourense, damos e outorgamos para por senpre a vos Pero Rodriguez coengo desse lugar o nosso casar de Sancta Locaya que chaman de Vilameaa e unna leyra de terreo a que chaman d’Allarigo que nos avemos enna fiigresia de San Jurio da Touça, a qual leyra entesta en çima enna leyra do casar de Veredo e en fondo parte pelo rio que dizen d’Allarigo que vay por entre essa leyra e a vila de Calvos, e das outras testeyras parte pelo camyno que vay de Sancta Locaya para Calvos. Damos e outorgamos a vos o casar e a leyra sobreditos a monte e a fonte con entradas e seydas e con todas suas dereyturas e perteenças, que vos e toda vossa voz aiades e pessuyades eles en jur de herdade para por senpre e chantedes de viña toda a leyra e o casar du for por chantar. Et dedes ende a nos e a nossos suçessores bispos de Ourense cada anno, conven a saber do casar a meatade de pam e de vino e terça parte da leyra en vossa vida, e a vosso passamento daren meo de pam e de vino, conven a saber o pam enna eyra e o vino enno lagar por nosso omme. Et se por ventura quiserdes vender ou obligar o casar e leyra sobreditos primeiramente vendades ou obliguedes eles a nos ou a nossos suçessores bispos d’Ourense ou ao cabidoo desse lugar ou a algun do cabidoo por iusto preço ante ca a outre. Et se os nos ou nossos suçessores ou o cabidoo de Ourense ou algun do cabidoo non quisermos reçeber vendudos ou obligados que vendades ou obliguedes eles non a cavaleyro nen a homme de religion nen a fillo dalgo nen a homme poderoso nen a burzes nen a morador de Ourense nen de çidade nen de burgo nen doutro lugar foreyro nen a moordomo nen a servo, mays a atal pessoa que more enno nosso couto e seia nosso vassalo e seia tiudo ao bispo de Ourense a conprir todalas cousas sobreditas e cada unna delas, e seiades vassalo ao bispo de Ourense fiel e obediente vos e toda vossa voz assy que nunca chamedes outro senoryo nen deffensson contra o bispo de Ourense sobrelo casar e leyra sobreditos. Et se por ventura entrelo bispo d’Ourense e vos ouver contenda sobrelo casar e leyra sobreditos que seia termynada por dous ou por tres do cabidoo reçebudos de prazer das partes sen outra appellaçon. Outrossy se nos ou nossos suçessores fezermos pidido ennos nossos coutos ou ennos nossos vassalos, que vos e vossa voz paguedes con eles segundo que vos acaeçer do casar e leyra sobreditos. Et se por ventura aveer que vos ou vossos suçessores seiades obligados por razon de moeda del rey ou por maleffiçios ou por outra razon qual quer, que o casar e leyra sobreditos non seian tiudos. Outrossy que vos nen vossos suçessores non possades mandar a leyra e o casar sobreditos nen poñer anyverssario sobreles a algun lugar de religion senon ao bispo d’Ourense ou ao cabidoo desse lugar. Et se por non poder ou por neglyiençia o lavor do casar e leyra sobreditos for perdudo ou as condiçoens sobreditas ou cada unna delas non foren aguardadas, que vos e vossos suçessores percades o casar e leyra sobreditos e nos e nossos suçessores por nossa outoridade seiamos tiudos a reçebelos assy commo os acharmos. Et outorgamos a deffender vos e toda vossa voz a dereyto con o casar e leyra sobreditos pelos beens da igleia de Ourense. Feyta a carta en Ourense xvi dias de mayo, era de mil e cccos e xxxviiii annos. Testemoyas que a esto chamadas presentes foron Gonçalvo Nunez dayam da igleia de Ourense, Johan de Pynol coengo desse lugar, frey Fernando monges do moesteyro de Montederramo e capelan do bispo e Ares Nunez escudeyro de Ribela.

Eu Estevoon Perez notario de Ourense que foy presente a esto e fige escrivir ende en mia presença duas cartas partidas en hun tenor e meu sinal y puge en testimuyo de verdade.

(sinal)

[reverso]          Carta celarii de Calvos.

Cartas do çeleiro de Calvos.