GMH/ÍNDICE A-Z

157

marzo, 18

Inés do Vale outórgase por paga de Álvaro Pérez, barbeiro, da dereitura que este lle debía dunha viña sita na Loña. (fol. 49v)

Alvaro Peres varbeiro.

A X VIII dias do mes de março Eynes do Vale, vesiña d’Ourense, se outorgou por pago de Alvaro Peres barbeiro de todoslos annos pasados ata día de San Martiño do mes de novenbro do anno pasado de triinta e tres annos, da dereytura que lle avya de dar da viña da Loona, da qual dita dereytura se outorgou por pago ata o dito anno. Tests. Joan de Cusanca alfayate, Rodrigo seu criado, Joan do Bouteiro.