177
s/d
Ares de Sarria e Costanza Ares dotan a Aldara, criada do primeiro e filla da segunda, para que case co xastre Xoán de Vilardamós, con bens raíces, diñeiro, roupa, etc. que xa a ela lle correspondían pola herdanza do seu pai. (fols. 57-58)
Carta de Joan de Vylar dAmos, feita e dada.
Enno nome de deus amen. Sabean quantos esta carta de contrauto viren como nos, Ares de Sarria et Costança Ares, anbos presentes, et eu, Joan de Vylar dAmos alfayate, vesiños d’Ourense, fasemos contrauto et conpostura en esta maneira que se sige. Que nos os ditos Ares de Sarria et Costança Ares, que damos en casamento con Aldara, filla de min a dita Costança Ares et criada de min o dito Ares de Sarria, a vos o dito Joan de Vylardamos, para que casedes con a dita Aldara, estes beens et cousas que se sige. Primeiramente a meatade da viña de Pousada, que he de foro de sesta ao bispo d’Ourense, con carrego de XXXIIII .- a Men Rodrigues de Paradella, dos quaes avedes de pagar por ameateade da dita viña ao dito Meen Rodrigues des e sete mrs., salvo que vos non dou ( fol. 57)
o leyro de viña que eu y teño, que he de disemo a deus \a qual viña vos damos novidade alçada/. Iten vos dou mays a meatade da chousa da Fonte do Bispo que teño aforada \da igleia/ de Santa Maria a Madre, por la qual ey de pagar dose .- que vos ven a vos seys mrs. enna ameatade. Iten mays vos damos o noso soar que teemos de Pero Carneiro coengo aforado, que esta a par da nosa casa onde moramos et parte con outras casas de Afonso do Cabo, con carrego de seys mrs. ao dito Pero Carneiro, et mays vos damos cubas que leven dez carregas de viño. Iten mays vos damos en casamento seysçentos mrs. de moeda vella branca en tres dños. Iten mays huna os quaes vos avemos de dar a estes praseos, do día que tomardes vosa moller ata oyto dias primeiros sigentes, et os outros tresentos do día que tomar sua moller ata oyto meses primeiros sigentes, et a dita moça vestida de pelote et de manton de panno que custe a triinta mrs. a vara, et huna cama de roupa que seja rasonavel segundo seu estado, et quatro legoons. Iten mays vos damos dous moyos de viño de lagar do día os quaes vos avemos de dar do día que tomardes vosa moller ata dous annos primeiros sigentes, cada hun anno ( fol. 57v)
hun moyo de viño de lagar, et estes ditos beens vos damos en casamento con a dita Aldara e por que casades con ela e por emendar satisfaçon de todos los beens moveles et reyses que a dita Aldara perteesçen por parte de seu padre Gomes Fernandes, et do al que non posa demandar mays dos ditos beens que lle perteesçen por parte de seu padre, salvo que a morte de sua madre posa herdar os beens que lle perteesçen por parte da dita sua madre e non posa herdar nen demandar os beens do dito seu padre, para o qual asy o outorgamos todo et obrigamos a elo todos nosos beens de o conprir todo asy etç. et eu, o dito Joan de Vylardamos, asy o outorgo e obrigo min e meus bens de dar casar con a dita Aldara e de a reçeber por moller etç. Penna dous mill mrs. etç. Contrauto forte e firme etç. Tests. Gonçalvo de Gordon clerigo do coro da igleia d’Ourense, Pero Sanches de Pontevedra, Vasco Peres, Afonso Gomes, Afonso de Logilde alfayates, Pero do Tiollo. ( fol. 58)