38
s/d
Vasco Rodríguez, capelán de San Pedro de Cudeiro, afora a perpetuidade a Diego Fernández de Cudeiro e á súa muller Inés Vázquez seis leiros de herdade e un de viña, coa condición de poñer viña nas herdades e pagar sexta. (fols. 11v-12)
Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu, Vasco Rodrigues, clerigo capelan da igleia de San Pero de Codeiro, porlo poder que eu ey e teño de Diego Fernandes de Codeiro para faser o dito foro, o qual esta por Joan Paas notario, do qual o tenor tal he etç. e con liçençia de Joan Afonso de Tolledo et vigario do arçediano de Bubal por Joan Martines, arçediano do dito arçedianado, dou et outorgo a foro a vos, Diego Fernandes de Codeiro que sondes presente et a vosa moller Eynes Vasques que he ausente et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo seys leiros derdade que jasen enna dita freigesía enno lugar que chaman o Val dos Goços
(- - -)
Iten vos aforo mays para senpre hun leiro de viña enna Pereyra, que vosa madre Dominga Yanes mandou a dita igleia, o qual vos chantastes de viña, parte de huna das partes con viña de Marina d’Astrees et en çima con viña da \dita/ Marina d’Astrees et topa de huna das partes danbalas partes ennas congostras da fonte d’Aboos e de Soutello. Aforo vos os ditos seys leiros derdade et o dito leiro de viña con todas suas entradas etç. por tal condiçon que labredes et paredes ben et façades dos ditos seys leiros derdade a dita igleia e aos reytores dela foro de sesta de toda a novidade que deus en eles der et do dito leiro de viña ( fol. 11v)
et ontre chantedes os ditos seys leiros derdade et viña en estes dous annos primeiros sigentes et elles ontre chantados que os labredes et paredes ben e façades delles e do dito leiro de viña foro de sesta a dita igleia de San Pero, a qual novidade colleredes porlo reytor dela, ao qual proveeredes de comer e de beber etç. e daredes a conposta enna viña e o viño branco enno lagar etç. et do al de disemo a deus etç. e non faredes manda nen oniversario salvo a dita igleia etç. e obrigo os beens da dita igleia etç. et eu o dito Diego Fernandes obrigo meus beens etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. Pero Lopes de Codeiro, Joan dEncontro et Pero de Temees, Gonçalvo Gago.