GMH/ÍNDICE A-Z

540
1434s/d
Gonzalo Tibaldo afora a perpetuidade a Xoán, zapateiro, morador en Castadón, un leiro de herdade e monte, con condición de plantar viña, por sétima de viño branco e composta. (fol. 169v)

Feita e dada.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Gonçalvo Tibaldo, vesiño et morador enna çidade d’Ourense, dou et outorgo, aforo a vos Joan çapateiro que sondes presente et a vosa moller Elvira Anes et a todas vosas voses para senpre, moradores en Castadon; conben a saber que vos aforo huun pedaço leiro derdade et monte que jaz enna dita aldea de Castadon, o qual parte enno camiño que vay para Santa Maria de Lamella et da outra parte con herdade de que ten Gonçalvo de Molgas et da outra parte con herdade de Ares \Sanín/ de Pero Copiño, segundo que me perteesçe de dereito. Aforo vos o dito leyro derdade con todas suas entradas etç., por tal condiçon que chantedes o dito leyro derdade de viña et o labredes et paredes ben et façades foro de setima de todo o viño et conposta que deus en el der e daredes a conposta na viña e o viño branco no lagar, a qual novidade colleredes por meu mayordomo, ao qual proveeredes de comer etç. e do al de disemo a deus etç. et se quiserdes vender, deytar ou supinorar que primeiramente frontedes a min et a miñas voses etç. et obrigo todos meus beens etç. Et eu o dito Joan çapateiro que soon presente, por min et porla dita miña moller, asy o outorgo et reçebo en min aforado o dito leyro derdade, de o chantar de viña et faser o dito foro de setima etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. (que fo)ron Copino presentes Joan Tanquino morador en (...) morador en Çebolino e Vasco de Piñ(or ...) Lopo Rugel o moço. (fol. 169v)