1308, xuño, 27. Lugo
Xoán Rodríguez, racioneiro, afóralle a Pedro Fernández e a unha voz unha muiñeira por dous soldos anuais.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 50v.
Sabeam quantos esta carta virem commo eu Iohan Rodriguez, raçoeyro de Lugo, et teente vezes d'arçidiago na Somoça de Lemos, et no Ynço et no Mao, por razon da amiistraçon do mes de março, et con outorgamento do dayam et do cabidoo de Lugo, avervo a vos Pedro Fernandez morador en Buiam, et a una perssoa qual vos nomeardes, a molineyra que foy do muyno de Sancho Rodriguez, en que façades un moyno, et deste muyno avedes a dar cada anno dous soldos da boa moneda por março a aquel que tever esta amiistraçon por lo cabidoo sobredito. Et a a morte destas pessoas ficar este muyno feyto, livre et quito a aquel que tever esta amiistraçon por lo cabidoo iadito. Et que esto seia çerto et non venna en dulta douvos ende esta carta seellada do seello do cabidoo sobredito et do meu.
Dada en Lugo III dias por andar de juyo, era de mill et CCC et XLVIª annos.