GMH/ÍNDICE A-Z

418
1341, febreiro, 1. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalle a María Fernández o foro do couto de Betote coas mesmas condicións que lles fora aforado anteriormente a ela e ao seu marido.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 34v; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 34.

Sabeam quantos esta carta viren, commo en presença de min Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, dado per auctoridade do bispo dese miismo lugar, et das testemonias subscriptas, estando o cabidoo da iglesia de Lugo iuntados en cabidoo enno choro da iglesia de Lugo segundo que han de uso et de custume de façer cabidoo, [Maria] Fernandes, muller de Diego Aras de Betote, diso a o sobredito cabidoo que tevesen por bem de lle outorgar o vervo et foro do couto et herdamento de Betote, que he sub signo de Sant Viçenço de Betote, que avervaran a ella et a o dito Diego Aras, seu marido, et a huna pesoa qual o pustrimeyro deles nomease, ca presentes era para o reçeber segundo se continna no vervo porque lo avervara. Et o dito cabidoo diseron que outorgavan a a dita Maria Fernades o vervo do dito couto de Betote con aquelas condiçoes que se contian na carta do vervo porque le avervaran o dito couto et herdameto. Et Maria Fernandes sobredita asi reçebeu o dito vervo, et obligou seus bees para pagar cada anno, seys moravedis que ha de dar segundo se conten no vervo. Et outrosi diso que outorgava et avia por firme a doaçon que o dito Diego Aras, seu marido, feço a o dito cabidoo da oytava do couto sobredito que conpraran de Moor Rodrigues de Villa Sante, filla de Pedro Rodrigues de Chamoso que foy, segundo se mays conpridamente contem enna dita carta porque o dito cabidoo a dita herdade et couto deu.

Et por que esto fose çerto os sobreditos cabidoo et Maria Fernandes rogaron et mandaron a min, notario sobredito, que les dese ende dous publicos instromentos.

Que foron feytos en Lugo primeiro dia de febreiro, era de mill et treçentos et seteenta et nove annos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Dias, archidiago de Sarrea, don Pedro Iacome, juyz; don Aras Pellaes, thesoreiro; Andres Peres, Iohan Fernandes, Vaasco Dias, Fernan Afonso, Vaasco Rodrigues, Vaasco Peres de Rodeyro, coengos de Lugo; Fernan Eanes, Lopo Domingues, Gomes Fernandes, Pedro Migueles, Iohan Peres, Ruy Gonçalves, Rodrigo Eanes, clerigos do choro de Lugo; Gomes Alvares de Bobeda, Lopo Dias de Sayoane de Penna, testemonias, et outros ts.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado per auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy rogado et esta carta en mina presensa fiz escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.