GMH/ÍNDICE A-Z

248
1341, xaneiro, 26
requirimento

Lopo Sánchez, procurador do cabido, presenta a Gonzalo Iáñez de Pereyras unha carta de fronta para que labre ben unha seara que ten aforada do cabido e que está deixada a monte.

ACOu, Escrituras VI, 50

(ed. A. López Carreira, Ourense no século XV, 179)

Sabean quantos esta carta de fronta vyren que en presença de min Fernan Gonçalvez notario publico da çidade d’Ourense jurado pola ygleia desse lugar e das testemoyas adeante escriptas, Lopo Sanches avogado e procurador do cabidoo da ygleia d’Ourense en nomme do dayan e cabidoo frontando disso a Gonçalvo Eanes dito de Pereyras notario d’Ourense que commo el tevesse huna seara que fuy de Pero Martines da Ayra et que era foreyra ao dito cabidoo e que era colleyta a monte por mingoa de lavor e de boo paramento que ouvera a dita seara, por ende frontou ao dito Gonçalvo Eanes que lavrase e parasse ben a dita seara e a tornasse en boo revor commo o dito cabidoo ouvesse o seu dereyto, se non soubesse que o dito cabidoo recebería a dita seara, protestando que a salvo fycasse ao dito cabidoo seu dereyto para cobrar por el e por seus beens todo quanto perderan do seu dereyto da dita seara polo mao paramento que ouvera. Et o dito Gonçalvo Eanes pedío que lle dessen o tralado da dita fronta e que daria sua resposta. Et o dito Loppo Sanches pedío a min notario que lle desse ende huun estormento e eu de meu offiçio deylle ende este, que fuy feyto en Ourense, viinte e seys dias de janeyro, era de mill e trezentos e satenta e nove annos. Testemoyas que foron presentes Johan Gonçalvez coengo, Gomes Peres e Gonçalvo Gomes juyzes d’Ourense, Martin Peres dito Jeestossa, Johan Aras de Penavegia.

Et eu Fernan Gonçalvez notario sobre dito que a esto presente fuy e o escrivi e meu synal y puge en testemoyo de verdade que tal he.

(sinal)