GMH/ÍNDICE A-Z

E1-35
1437, xaneiro, 23
Avinza co notario Diego Díaz, que o exime do pago de impostos a cambio do pago de 30 mrs. anuais. (fol. 26v)

Aviinça de Diego Dias.

En este dito dia e ora e por estas tests. os ditos juises et rejedores et procurador feseron aviinça ao dito Diego Dias /notario\ que presente estava por todo
tenpo de sua vyda et que pagase de cada huun anno de aviinça ao dito conçello triinta mrs. branca en tres dños. de cada huun ano por día de San Martiño para os mesteres et neçesidades do dito conçello ao procurador do dito conçello, et quando ouver mrs. alguuns derramados et deytados enna dita çidade que os page enna rua onde morar para ajuda da dita rua, et do al que seja franco et ysento de todos outros quaes quer pedidos et peytas, mrs. e tallas conçellavelles que se deytaren et derramaren enna dita çidade et gose de todoslos privilegos et franquesas et liverdades que an et gosan os vesiños da dita çidade, para o qual o dito Diego Dias obrigou seus beens de faser et pagar de cada huun anno de aviinça ao dito conçello por tenpo de sua vida os ditos triinta mrs. et os ditos juises et rejedores e procurador obrigaron os beens do dito conçello della faser saan et de paz etç. Penna quinentos mrs. etç. Contrauto forte e firme etç. Tests. os sobre ditos, et que ame probeyto dos vesiños da dita çidade e dos ditos juises e rejedores e conçello e non vaa contra elles en maneira que por el non veña mal ao conçello so penna de o deytaren de vesiño etç. (fol. 26v)