GMH/ÍNDICE A-Z

499
1434novembro, 28

Vasco de Alván e Pedro Ouxea depositan en Iudá Pérez 5.000 pares de brancas como pagamento da fianza que concederan a Xoán Rodríguez, escudeiro de Diego López de Estúñiga. (fol. 154-154v)

Vasco d’Alvan et Pero Ougea.

Et despois desto, domingo viinte e oyto dias do mes de novenbro, Pero Ougea e Vasco d’Alvan diseron que por rason que elles avyan fiado a Joan Rodrigues, escudeiro de Diego Lopes d’Estuniga, en çerta fiadoría contra Joan Garçia de Soria e Loys Gonçalves de Valladolid çertos mrs., e por se quitar da dita fiadoría que elles por lo qual o dito elles avyan tomado testemunyo contra o dito Vasco Gomes Lois Gonçalves et o dito Loys Gonçalves non quisera reçeber os ditos mrs., por ende que elles para ajuda da dita fiadoría que puynan et poseron en poder et fielfidade e de garda et de posyto de Yuda Peres recadador, çinqo mill pares de brancas en ouro (fol. 154)

et en dños., os quaes mrs. o dito Loys Gonçalves rece Yuda Peres logo reçebeu dos ditos Vasco d’Alvan et Pero Ougea et os ditos Vasco d’Alvan et Pero Ougea diseron que os puynan en sua maao en fieldade para que os ouvesen quen devese de dereito para en pago da dita fiadoría etç. e protestavan que seu dereito delles non peresçese etç. e o dito Yuda Peres diso que asy o reçebia en fieldade dos ditos Vasco d’Alvan et Pero Ougea. Tests. Vasco d’Alvan Tests. que foron presentes Gomes de Bobeda escudeiro et Roy Gomes e Diego de Paaços.