GMH/ÍNDICE A-Z

93

febreiro, 9

Xoán Guión, veciño da Coruña, e o seu fiador Xoán Afonso dos Fornos, de Ourense, obrigáronse a pagar a Abrahán de León 200 mrs. “et huna sieira de pasa”. (fol. 30v)

Abraan de Lion.

En este día Joan Gyon, vesiño da vyla da Cruna, obrigou sy e todos seus beens asy como devedor prinçipal et seu fiador Joan Afonso dos Fornos, vesiños d’Ourense, anbos de man comun e cada huun por lo todo renunçiando etç. obrigaronse de dar e pagar Abraan de Lion, vesiño d’Ourense, dosentos mrs. branca en tres diñeiros et huna syeyra de pasa. Os quaes ditos dosentos mrs. e syeyra de pasa se obrigaron de lle dar doje a hun mes primeiro sigente penna V mrs. etç. para o qual o dito Joan Afonso obrigou seus beens e o dito Joan Gyon sy e seus beens etç. Tests. Ares Fernandes alfayate et Joan Moxico, morador na Ponte a Sigoeyro. ( fol. 30v)