A petición de Diego López, fillo do recadador Iudá
Pérez, remátanse en poxa, tras o pregón correspondente, dez cubas do
notario Nuno González da Praza, que se adxudican a Abrahán, fillo tamén
de Iudá Pérez, por 140 mrs. (fol. 5v)
Feita e dada. Diego Lopes.
(En dia e ora e por estas tests. Diego Lopes, fillo de Yuda Peres recadador, pedio aos ditos juises (pedio)* que por rason que el tina enprasado por ante elles a Nuno Gonçalves da Praça notario para que veese estar ao remate das des cubas et non veera et o termino era pasado, que pedia que mandasen faser remate delles, et logo os ditos juises feseron pregunta quen o enprasara, et deu fe o dito pregoeiro que o enprasara, e os ditos juises diseron que mandavan faser o dito remate. Deuse logo pregon altas voses porlo dito pregoeiro as des cubas vazias, que levasen triinta carregas de viño, do dito Nuno Gonçalves, que sian en seu çeleiro, et posooas Abraan, fillo de Yuda Peres, en preço de çento et qoreenta mrs. vellos, e foron logo rematadas en el e deron os ditos juises praseo de terçeiro dia en que as remiise. Tests. os sobre ditos)*.