O Concello interrompe as obras de demolición da «torre» do abade de Celanova. (fol. 38v)
Enbargo da (terra)* torre do abade de Çelanova.
A XXX dias de abril, foy posto enbargo enna torre do abade de Çelanova que se non desfezese, e mandado a Pero Lopes e aos carpenteiros que ende esta-van da parte do obispo e conçello que a non desfesesen e espeçialmente a Pero Lopes carpenteiro, ata que fose remediado, sopenna de seysçentos.- e de pagar todo o mal que ao conçello sobre elo veese etç., o qual lle foy mandado por Alvaro Afonso e Rodrigo Afonso juises et por Goterre Afonso e Estevo Fernandes rejedores et por Meen Suares procurador. Tests. Alvaro carniçeiro, Afonso de Bouças, Gonçalvo de Ribadula.