GMH/ÍNDICE A-Z

E2-20
1435, maio, 14
Cabido, Concello e bispo acordan elixir cada un deles dous carniceiros para que abastezan a carne necesaria, para o que as ditas partes achegan certa cantidade de diñeiro e responsabilízanse das posibles perdas, en tanto que os carniceiros repartirán as ganancias. (fol. 10v)
E logo en este dito día e ora e por estas tests. os ditos señores do dito conçello e cabiidoo deron poder ao dito Pero Sanches arçediano e ao dito mestre escola et Manuel Afonso tesoureiro e Rodrigo Afonso coengo, que ordenasen (q)* con quatro dos outros do conçello en rason da carniçaria (a qual ordenança)*. Os do conçello son Loys Gonçalves e Gomes de Chantada, Alvaro Afonso rejedores, Pero Fernandes juis, presente o procurador. E logo enno dito lugar ordenaron que o dito señor obispo que tomase dous carniçeiros por sua parte et o cabido outros dous et o conçello outros dous, et que o dito señor obispo que dese quatro mill mrs. con os que avya dados et o cabido tres mill mrs. con os que avya dados e o conçello outros tres mill con os que avya dados et estes VI carniçeiros que abondasen a carniçaria de carne asy ao bispo como ao conçello e cabido tan ben huuns como os outros et que cada dous carniçeiros que desen conta aqueles de que reçebian os mrs. et o cabido que o ouvese con os seus dous carniçeiros a perda e a ganançia e o conçello con os seus, o bispo con os seus, salvo que todos abasteçesen de carne et a perda que a sosobisen o(s)* o cabido e conçello e obispo, e ganançia que a partisen de por medeo os carniçeiros etç. e con as outras condiçoens etç. et que lles desen brancos etç. (et dest)* et des que estes mrs. fosen gastados que lles desen mays e que cada hun que abondase os seus carniçeiros etç. Tests. os sobre ditos. (fol. 10v)