GMH/ÍNDICE A-Z

G-C1
1447( ), decembro, 17
(García) Fernández de Cobreiros e Gómez de Ramuín comprométense como fiadores para que lle sexan pagos a Álvaro Pérez de Cangas os dous marcos de prata e 500 mrs. que lle debe Xoán Afonso de Camba e polo que ten embargados bens. A continuación o dito Xoán Afonso obrígase a liberalos de tal compromiso. (fol. 1)
[A des et sete dias do mes de desenbro, (en) Ourense, enna orta do abade da Triindade (...) Fernandes de Cobreiros et Gomes de Ramuyn vesiños d’Ourense se obrigaron que por rason que Joan Afonso de Canba, vesiño da dita çidade, devia Alvaro Peres de Cangas dous marqos de prata et quiñentos mrs. en dños. por los quaes estavan entregos seus beens, por ende que se obrigava de pagar ao dito Alvaro Lopes et et a Pero Lopes seu fillo todo o que fose a(cha)do por conta çerta que lle o dito Joan Afonso devia dos ditos dous marcos de prata et quinentos mrs. sen costas et penas, salvo costas de notario et pregoeiro, et delle dar et pagar os ditos mrs. en todo o mes de janeiro primeiro que ven, penna V.- etç., para o qual obrigaron seus beens et outorgaron obrigaçon forte e firme. Tests. Loys Gonçalves, Diego de Balboa, Afonso Anriques notarios, Alvaro Afonso regedor, Alvaro (de)* Vasques de Valdeorras.
En este día et ora e por estas tests. o dito Joan Afonso se obrigou por sy e por seus beens de quitar (...) da dita fiadoria aos (...) de (...) et ...]* (fol. 1)