GMH/ÍNDICE A-Z

54

xaneiro, 24

Conta das débedas que Inés Fernández, viúva de Xoán Vidal de Montealegre, ten con Afonso Gómez de Allariz, por cera e panos que lle mercara e un préstamo que recibira. (fols. 16v-17)

Afonso Gomes d’Allaris.

A XX IIII dias de janeiro, Afonso Gomes d’Allaris et Eynes Fernandes, muller que foy de Joan Vidal de Monte Alegre, feseron conta feita, fençida et remata de de todas las devedas mrs. que a dita Eynes Fernandes e o dito Joan Vydal devian ao dito Afonso Gomes ata este presente dia, asy que lle deve viinte e duas de lly lybras de çera a viinte e quatro mrs. cada libra, que son LXXXVIIIº .- (fol. 16v)
et mays çen mrs. que resçebeu o dito Joan Vidal do dito Afonso Gomes en pano et dosentos mrs. que diso que lle prestou porlo San Martiño danno de XXXII e seys varas e medeo de pardo a XII .- a vara, que son LXXVIII .- que son por todos quatroçentos e seseenta et seys mrs. branca en tres dños. que ela e o dito seu marido lle devian et os quaes ditos quatroçentos e seseenta e seys mrs. se obrigou delos pagar a estes praseos, a meatade dos ditos mrs. ata día de San Martiño primeiro que ven e a outra ameatade ata día dende ata outro día de San Martiño primeiro que ven do outro anno primeiro sigente, primeiros praseos sigentes, so penna de çinco mrs. por cada dia, para o qual obrigou todos seus beens etç. e deu poder conprido a qual quer justiça etç. Obrigaçon forte e firme etç. Tests. Alvaro Peres barbeiro et Ares Fernandes alfayate e Lourenço da Bodella.