GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1073
1447, xuño, 30. Lugo

Afonso Díaz véndelles a Fernando Afonso e á súa muller as súas propiedades en Santa María de Muxa e en Santo Estevo de Benade, por 2.000 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/19, perg. orix., galego, cortesá, 255 x 135 mm.
   

Sabeam quantos esta carta virem como eu Afonso Dias, fillo de Elvira Dias, natural de [Quintiaan] que he en a frigregia de Santa Maria de Muja, de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos, Fernando Afonso da iglesia de Benade, et a vossa muller, Sancha Afonso, todas quantas herdades et casas et arvores et beens reyses eu aio en a frigregias et sub signos de Santa Maria de Muja et de Santo Estevoo de Benade, a montes et a fontes, per onde quer que vaan segundo me y perteesçen por la dita Elvira Dias, mina madre, et por compras et gaanças; et reçebo de vos en preço por esta dita vençon dous mill maravedis desta moeda corrente, contando a branca vella en çinco dineiros, dos quaes ditos dous mill maravedis de brancas me logo fesestes paga et entrega a a mina voontade en prendas et en dineiros et en ouro. Et por esta presente carta vos pono logo et apodero en o jur et possisson et propiedade corporal, real et actual de todos los ditos beens et vos dou poder que os possades yr entrar et reçeber por vos, ou por outro, con justiça ou sen ella. Et se por ventura eu, ou mina vos, quisermos recobrar estes ditos beens que os non possamos recobrar salvo novidades alçadas. Et eu, o dito Fernando Afonso da Iglesia, que presente estou en meu nome et da dita mina muller assi reçebo a dita vençon de vos, o dito Afonso Dias. Et eu, o dito Afonso Dias, assi vos la outorgo çerta et firme por ante o notario et testemoyas de iuso scriptas.

Que foy feyta et outorgada en a ciudade de Lugo, o postrimeiro dia do mes de junyo, ano do nasçemento de nosso salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quareenta et sete anos.

Testemoyas que foron presentes: Gomes Ferrnandes da iglesia de Benade; et Alvaro Lopes de Logilde; et Fernando Afonso, natural de Fontenova, fillo de Pedro Afonso.

Et eu Ruy Fernandes de Mançoe, notario publico de Lugo por lo senor Obispo, a todo esto con as ditas testemoyas presente fuy et esta carta scripvi para o dito Fernando Afonso, et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade.
Ruy Fernandes, notario.