Dona Maior Arias, abadesa de San Salvador de Ferreira, véndelles ao
bispo e á igrexa de Lugo todo o quiñón e dereito que corresponden ao
mosteiro no couto de Vilanova por 100 marabedís.
Sabeam
quantos esta carta viren como nos dona Moor Ares, abadessa do
mosteyro de San Salvador de Ferreyra, con outorgamento de nossa prior
et do convento desse meesmo lugar, pressentes et outorgantes, por nos
et polo dito nosso mosteyro, vendemos a vos, a o moyto onrrado padre
et senor don frey Pero Lopes da orden dos preegadores pela gracia de
Deus, obispo de Lugo, et a vossa iglesia de Lugo para por senpre,
todo quanto quinon et vos et dereyto nos et nosso mosteyro avemos et
nos perteçe d’aver de dereyto en qual maneyra quer en
todo o couto de Vilanova, salvo ende as herdades et cassares et
quinon delas et arvores a o dito mosteyro a a o dia da era desta
carta et overmos et gaanarmos d’aqui endeante eno dito couto
que vos non vendemos, todo o outro senorio vos vendemos como dito he
por preçeo nomeado que de vos reçibimos en pressença
do notario et das testemoyas suescriptas: conven a saber çen
maravedis da moneda branca del rey don Affonso de que nos outorgamos
por ben pagas et por ben entregas, et obrigamos a vos faser de pas
esta dita venzon a todo tempo por nos et por todos nossos bees et do
nosso mosteyro, et se algen veer da nossa parte, ou do dito nosso
mosteyro, que vos contra esta carta et venzon queyra passar et a non
comprir, perca de pea dusentos maravedis da dita moneda, os meos a
vos do senorio et os meos a parte querelossa, et a carta seia firme
et valiossa para senpre et fique en seu revor con todo quanto se en
ella conten. Et que seia çerto et non vena en dulta mandamos
Affonso Gomes, notario publico por el rey en Val de Ferreyra, que
escripvysse ende esta carta et a signasse de seu signo.
Os
que foron pressentes et son testemoyas: Affonso Yanes, clerigo de Cas
dos Ferreyros; Fernando Domingues de Villamelle; Iohan Ferrnandes,
Pero Affonso, moradores eno mosteyro de Ferreyra; Affonso de Meyra.
Et
eu Affonso Gomes, notario sobredito, esta carta escrivy por mandado
das ditas partes et a todo esto foy pressente commo dito he con as
ditas testemoyas, et este signo y fis en testemoyo de verdade que tal
he. (+).