GMH/ÍNDICE A-Z

119

febreiro, 25

García Díaz de Espinosa doa ao rexedor Álvaro Afonso varios piteiros de viña sitos no Seixo que este xa posuía. (fols. 37v-38)

Alvaro Afonso rejedor.

En este día enna casa en Ourense, enna casa de Garçia Dias d’Espinosa, estando y presente o dito Garçia Dias, outrosy estando y presente Alvaro Afonso rejedor da dita çidade, logo o dito Garçia Dias diso que dava e deu ao dito Alvaro Afonso de graçia et en pura doaçon todo o dereito e voz e auçon et senorio que el avya et tiña enno piteiros que estan enno Seixo, que agora o dito Alvaro Afonso tragía a jur et a maao, que foron de Afonso de Cornoses, dos quaes lle fasía doaçon de todo o dereito que a elles tiña e todo o dito dereito que a elles tiña que o tirava de sy et ( fol. 37v)
puyña enno dito Alvaro Afonso etç. et prometía de lle non pasar contra elo sopenna de cair en aquelas pennas en que caen aqueles que dan e fasen graças e danyas e doaçoens a outras personas et non estan en elas nen nas conpren etç. Carta forte e firme etç. Tests. Diego da Agoada et Martin do Pereiro, Meen de Seabra, Afonso Gomes e outros.