GMH/ÍNDICE A-Z

938
1416, decembro, 6 domingo. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Gonzalo Afonso, á súa muller e a unha voz o lugar de Fornelas en Santa Comba dos Dados, por renda anual de 20 marabedís e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 120 v.
       

Sabeam quantos esta carta viren como nos as persoas coengos benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en nosso cabidoo pora campaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, con outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo et rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, et veendo et entendendo que he noso proveyto et de nosos subçesores, damos aforo et avervo a vos Gonçalvo Afonso, morador en Fornelas, et a vosa muller, Esteveyna Gomes, et a outra persoa qual o pustrimeyro de vos a nomear en vida ou a tempo de seu finamento, o lugar de Fornelas que he dos ditos aniversarios, segundo que o tevo et ussou Gonçalvo Eanes de Fornelas, padre da dita Esteveyna Gomes, o qual dito lugar et casal vos aforamos con todas suas herdades et casas et arvores et formaes et montes et prados et pascos et entradas et seydas et jures et dereyturas et pertenenças onde quer que vaan sub signo de Santa Coonba dos Dados, et en outros quaes lugares que perteescan a o dito lugar, a a tal pleyto et condiçon que vos façades et reparedes as casas do dito lugar et as tenades feytas et herguydas et lavredes et paredes ben as herdades del, et ponades dez alvores en o dito lugar d’aqui ata çinquo anos primeyros seguentes que seian presas de garfeo et de reys; et dedes et paguedes de foro et çenso en cada hun ano, a o moordomo et rendeyro dos ditos aniversarios, en paz et en salvo en a çiudade de Lugo viinte maravedis curtos de dez dineiros novees o moravedi en cada hun ano por dia de Natal, et que os paguedes en a moneda que se pagaren os outros foros da iglesia de Lugo, et seiades vasalos serventes et obedientes da dita iglesia de Lugo. Et outrosy que cada hun de vos a tempo de seu finamento de et pague de loytosa a a dita iglesia de Lugo dez maravedis. Et avedes de seer defesos de todo pedido et moneda, segundo ho foren os outros caseyros da iglesia de Lugo; et a finamento da pustrimeyra persoa que suçeder en o dito foro as herdades do dito lugar an de ficar lavradas et ben reparadas, et as cassas feytas et cubertas et en boo paramento a dita iglesia de Lugo, cuias som, con todos boos paramentos que en elas foren feytos; et a terçeyra pesoa que suçeder en o dito foro que seia tiuda et obligada de o viir reçeber do dito cabidoo do dia que del for nomeada et em el suçeder por persoa ata triinta dias primeyros seguentes sub pena de o perder.

Et eu, o dito Gonçalvo Afonso, que presente estou asy reçebo este dito foro de vos, o dito cabidoo, para min et para a dita mina muller et persoa, et obligo meus bees et seus de o comprirmos et pagarmos et atendermos en todo segundo et en a maneyra que dita he.

Et nos, o dito cabidoo, asy vo lo outorgamos et porque esto seia çerto mandamos a o notario iuso scripto que fezese desto duas cartas de foro anbas en hun tenor, et as signase de seu signal huna para nos, o dito cabidoo, et outra para vos, o dito Gonçalvo Afonso, et vosa muller et persoa, et por mayor firmidoe mandamos seelar a carta de vos, o dito Gonçalvo Afonso, con o seelo do dito cabidoo.

Feyto foy et outorgado dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, domingo, seys dias do mes de desenbre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et seys anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre de Lugo; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; don Lopo Dias, mestrescola; don Rodrigo Afonso, juys; Lopo Ferrnandes, Juan Eanes, Fernando Rodrigues, Nuno Gomes, coengos da dita iglesia, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.