GMH/ÍNDICE A-Z

274
1345, decembro, 19
foro

Os clérigos do coro afóranlle vitaliciamente a Pedro Vidal, clérigo do coro, unha viña na Fonte do Monte por 19 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 86

Sabean quantos esta carta viren que nos Pero Anes da Silvaa et Garçia Alvares procuradores dos clerigos do coro da igleia d’Ourense et Affonso Anes moordomo dos ditos clerigos en nome da onyverssydade dos ditos clerigos, afforamos a vos Pero Vidal clerigo do coro nosso conpañeiro en toda vosa vida tan solamente e mays non huna viña que os ditos clerigos an a sobrela Fonte do Monte, a qual viña lles deu Lourenço Fernandes dito Rosete juis d’Ourense, a qual viña parte da huna das yllargas con a viña de Johan Peyron et da outra yllarga parte con a viña de Johan das Traves et topa no camiño publico que vay d’Ourense para Castedon. Afforamos vos a dita viña de disimo a deus e livre e quite de todo outro enbargo por tal condiçon que a lavredes e paredes ben en maneira que non defalesca por mingoa de lavor nen por mao paramento et chantedes e ontrechantedes, et que dedes aa onyverssydade dos ditos clerigos do coro cada anno en salvo por dia de Natal dez e nove libras de diñeiros brancos da moeda de nosso señor el rey don Affonso de que contan xl par de diñeiros novos por tres libras. Con a qual viña vos deven a deffender e anparar os ditos clerigos a dereito no dito tenpo. Et eu o dito Pero Vidal assy reçebo a dita viña afforada segundo dito he, et para lavrar e parar ben et para pagar aos ditos clerigos as ditas dez e nove libras cada anno en salvo polo dito dia obrigo todos meus beens gaanados e por gaanar. Et demays para pagar o foro deste primeiro anno dou conmigo fiador o dito Garçia Alvares clerigo do coro que pressente está et que obriga seus beens aa dita fiadoria. Et a tenpo da (...) de vos o dito Pero Vidal que a dita viña fique livre e desenbargada aa onyverssydade dos ditos clerigos con todo seu boon paramento. Posto foy e outorgado ontre as ditas partes que a parte que contra esto pasar e o non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar por pena çen mrs. de brancas et aa voz del rey outros tantos et a pena pagada ou non esta carta de aforamento fique firme e valla no dito tenpo. Et desto as ditas partes pediron a min notario que lles desse senllas cartas partidas por a.b.c. Feita a carta en Ourense, dez et nove dias de dezenbro, era de mill e trezentos e oyteenta e tres annos. Tests. Pero Fernandes lavrador, Johan de (...), Domingo Anes de Melees.

Et eu Fernan Gonçalves notario publico da çidade d’Ourense jurado pola ygleia desse lugar que a esto presente fuy e por mandado das ditas partes duas cartas en hun tenor partidas por .a.b.c. mandey ende fazer e meu signal y puge en testemonyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de foro de huna viña que está a sobrela Fonte do Monte.