GMH/ÍNDICE A-Z

422
1341, setembro, 24. Lugo
María Fernández véndelles a Afonso Eanes e á súa muller unha porción de cortiña en Pumariño e outra de casa na rúa Miñá por 217 marabedís e medio.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 42v, traslado ao Libro do Cabido polo notario Fernando García.

Sabeam quantos esta carta viren, commo eu Maria Ferrnandes, filla de Fernan Eanes dito Çaça, et de Orraca Peres que foron, pressente et outorgante Affonso Arias de San Fiiz de Paradela, meu mario, de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos Affonso Eanes, mercador, morador enno Campo, et a vossa muller, Aldara Affoso, a meatade minus a dizima desta meatade de huna cortina que iaz en Pumarinno a o rigueyro dos ortos, que fer de testa no Caminno Françes, et da outra testa fer na cortinna que foy de Affonso Bego, et de huna yllarga iaz cabo a cortinna que foy de Pedro Andreu, et da outra cabo hun terreo que ora ten Pedro do Castineyro et sua muller, Maria Nunes, sub as capelas de San Pedro de Lugo et de Santa Maria Madanela. Outrossy vos vendo a disima parte de huna cassa do canto que esta ena çibdade de Lugo na rua Minaa cabo o poço, enna qual ora mora Pedro Vivyaes, carniçeyro, et da huna parte dela vay o carril para a Tanaria, et da outra parte esta huna cassa da iglesia de Lugo, da qual cassa de que vos vendo o dito quinom os outros nove quinoes son de Tereyia Affonso, hirmaa de vos, Aldara Affonso sobredita, que he sub a cappela de San Pedro. Os quaes quinoes sobreditos das ditas cortinna et cassa vos vendo con todas suas dereyturas et pertenenças et iures et agoas vertes et entradas et seydas. Et reçebo de vos en preço por esta vençon dusentos et dez et sete moravedis et medeo, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey don Affonso de que me outorgo por entrega et ben pagada, et obligo todos meus bees, moveles et reyz, para vos faser esta vençon de paz a todo tempo, et logo por esta carta vos meto eno iur et posison et propriedade desta vençon, todo meu poderio et sennorio ende seia sacado et removudo de min et posto en vos.

Feyta a carta da vençon en Lugo viinte et quatro dias de setembro, era de mill et tresentos et seteenta et nove annos.

Testemoyas que foron pressentes: Iacome Eanes, raçoeyro d’Ourense; Iohan Marchos, albergueiro; Pedro Migueles, peliteiro de rua Nova; Pedro Sanches, çapateyro; Affonso Peres, peliteyro morador en rua Nova, ts. Eu Fernan Garçia, notario sobredito, vi a carta sobredita signada con meu signal et a pidimento do cabidoo de Lugo figea trasladar en este seu livro por quanto lle perteçia huna clausula dela por raçon da disima parte da dita cassa do canto en que mora Pedro Vivaes, carniçeyro, que o dito Affonso Eanes deu en escambea a a iglesia de Lugo, et puge y meu signal.