GMH/ÍNDICE A-Z

853
1382, xullo, 27. Lugo
María Eanez e a súa irmá dóanlles ao bispo e á igrexa de Lugo o padroado e herdades da igrexa de Castelo de Asma.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 34v.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Maria Yanes con outorgamento de Johan Lourenço, meu marido, que esta presente, et eu Tereyia Gonçalves, hirmaa da dita Maria Yanes, fillas de Diego Gonçalves de Castello d’Asma et de Mayor Peres, sua muller, que foron, damos et desembargamos para senpre jamays por jur de herdade a vos, o moyto onrrado sennor don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et a vosa iglesia commo mellor pode et deve valer de dereyto, todo o quinon et dereyto et abçon et herdades et padroadigos et prestamos et disimos que nos tragemos et trouvemos et husamos et posuymos de vosa iglesia de Castello d’Asma ata aqui, et quaes dereytos nosos padre et madre trouveron et usaron en sua vida et en outra maneyra et por qualquer rason que nos perteescan enna dita iglesia et fiiglesia, et prometemos a Deus et fasemos juramento a os seus santos evangelios, que tangemos corporalmente con nosas maos, que nunca contra esto que dito he vaamos nen pasemos por nos nen por outren en juyso nen fora del et se ende fesermos ou tentarmos de faser o contrario que non valla nen seiamos sobrello oydos, et demays que fiquemos perjuras et esta carta et o que se en ela conten fique firme et valla para senpre. Et por esta presente carta poemos logo enno jur et posison et propiadade das ditas herdades et prestamos et disimeyros et padroadito et jur de presentar a vos, o dito sennor obispo, et a vosa iglesia, et tiramos ende a nos et a nosa vos, et se d’aqui adeante nos ou alguna de nos ou outren por nos usarmos ou posuyrmos os ditos herdamentos et prestamos et disimeyros ou parte delles, connosçemos et outorgamos que os posuymos por vos, o dito senor, et por la dita vosa iglesia et en vosso nome et seu precario.

Et nos, o dito sennor obispo, por nos et por la dita nosa iglesia asy reçebemos de vos, as ditas Mayor Yanes et Tareyia Gomes, a dita doaçon et desenbargo que nos fasedes. Et nos as sobreditas asy o outorgamos. Et que seia verdade rogamos a Pedro Rodrigues, notario publico de Lugo, que fesese desto cartas publicas quantas comprisen a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia.

Feyto foy esto en Lugo, viinte et sete dias de jullio, era de mill et quatroçentos et viinte annos.

Testemoyas que foron presentes: don Lopo Yanes, arçidiago de Sarria; don Aras Peres, arçidiago de Deçon; Ruy Lopes d’Aguiar; Fernan Peres de Parrega; Pedro Andreu, mercador, et outros.

Et eu Pedro Rodrigues, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente fuy et vi a as ditas Maria Yanes et Tereyia Gonçalves faser o dito juramento, et a seu rogo esta carta escripvi et puge y meu signal en testemoyo de verdade.