GMH/ÍNDICE A-Z

D166
1459, maio, 7
Partición por sortes dunha casa con eixido sita na rúa Nova, coas súas cargas correspondentes, realizada por homes bos en nome de Rodrigo de San Pedro e de Gonzalo Cide. (fols. 49v-50)

Partyçon da casa de Rodrigo de San Pero et Gonçalvo Çide.

Anno domini Mº CCCC LIX annos, sete dias de mayo en Ourense, Gonçalvo Peres de Requexo como omen boon de Rodrigo de San Pero et Ares de Monterroso o moço como omen boon do dito Gonçalvo Çide, feseron partiçon por sortes et por sy meesmo et avendo seu acordo con sigo, a qual partiçon feseron da casa que esta enna rua Nova de Eynes Gonçalves e(n)*t (de Gonçalvo Çide en)* nomme de Gonçalvo de Souto en esta maneira que se sige, acontesçeu ao dito Rodrigo de San Pero et Eynes Gonçalves sua moller ameatade da dita casa do çeo a terra, con ameatade de çima et de baixo quando omen entra porla porta a maao dereyta que parte con casa que ora ten Sancho Bisqeino, et acontesçeu a maao de baixo a outra ameatade da dita casa do çeo a terra, de çima et de baixo ao dito Gonçalvo Çide por parte do dito Gonçalvo de Souto, que parte con casa de Ares Peres, et asy feseron a dita (fol. 49v)
partiçon firme et estavale para senpre, para que cada hun aja el e suas voses a dita ameatade para senpre et que page cada hun que ameatade da penson, que son viinte e seys mrs. e seys dños. vellos, de que ven a ca(da) hun enna ameatade XIII.- e huna branca, et asy diseron que fasian a dita partiçon et (asi)* que ouvesen cada hun ameatade do ixido (que por de)* que esta tras as ditas casas (de nobo)* cada hun a maao segundo que as ditas casas van paradas et elles diseron que consentian enna dita partiçon da dita casa e ixido et que mandavan as dita partes que tevesen asy a dita partiçon et non (partisen)* pasasen contra hun nen ho outro sopena de çen frolliins, et de mays que se fesesen reparo que fose feito de por medeo cada hun que pagase a sua ameatade et avendoa de vender, deytar ou sopinorar que tanto por tanto que cada hun aja por lo justo preço etç. et os ditos Rodrigo de San Pero por sy et por sua moller et o dito Gonçalvo Çide por la dita sua moller diseron que asy consentian en elo et prometian de o teer, conprir et agardar todo asy su a dita penna etç. Tests. Joan Gonçalves de Almança, Rodrigo Baqeiro, Fernando Afonso da Torre, mestre Antonio, Estevo de Quantelle.