GMH/ÍNDICE A-Z

921
1415, agosto, 30. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó notario Pedro Fernández, á súa muller e a dúas voces media casa na rúa da Ferraría, por renda anual de sete marabedís os primeiros beneficiarios e oito marabedís a última voz.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 157 r.


       

Saban quantos esta carta viren como nos as personas, coengos et raçoeyros et cabidoo da iglesia cathedral de Santa Maria da çiudade de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por campaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, et avido noso consello et deliberaçon et entendendo que he prol da dita iglesia et aniversarios dela, et de consintimento et outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo da dita iglesia, rendeyro et amistrador dos ditos aniversarios, que esta presente, aforamos et damos aforo et vervo a vos Pedro Ferrnandes de San Lourenço, notario de Lugo, et a Tareyija Rodrigues da Ferraria, vosa muller, vezinos et moradores en Lugo, et a outras duas persoas depus vos, huna qual o postromeyro de vos nomear en sua vida ou a tempo de seu finamento, et a outra qual nomear aquela que por ela for nomeada, et se non for nomeada por vos ou por ela que seia aquela et aqueles que herdaren et suçederen en vosos bees de dereyto, a metade de huna casa, que a os aniversarios da dita iglesia perteesçe, que esta en a dita çiudade de Lugo en a rua da Ferraria a par de outras casas de vos, a dita Tereija Rodrigues, en que vos ora morades da huna parte, et da outra parte outras casas que son de fillos de Pedro Escudeyro, su signo da Capela de San Pedro, da qual dita casa a outra metade dela he do Mosteyro de Villar de Donas; et aforamosvos asi a dita metade da dita casa dos ditos aniversarios con todas suas entradas et seydos et agoas vertes et jures et pertenenças et dereyturas deslo çeo fasta a terra, a a tal pleyto et condiçon que hergades a dita metade da dita casa et façades en ela sobrados hun, et que ha reparedes et tenades en boo estado et paramento, et dedes de foro dela a o rendeyro et amistrador que for do cabidoo da dita iglesia vos, os ditos Pedro Ferrnandes et vosa muller, et a primeyra persona que for depus vos, sete moravedis de moneda vella, contando a branca en tres dineiros, ou d’outra moneda que valla esta; et a pustrumeyra persona oyto moravedis da dita moneda en cada hun ano por dia de Santa Maria d’agosto en paz et en salvo dentro en esta çiudade de Lugo, et de pagar mays vos et as ditas personas çinquo moravedis da dita moneda que de primeyra devia a dita metade da dita casa de cada ano de çensso et pensson a a dita iglesia et clerigos dela; et a finamento da postromeyra persona que a dita metade da dita casa fique libre et quita et desenbargada a a dita iglesia et aniversarios dela con todos los boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu, a dita Tereija Rodrigues, que presente estou asi reçebo de vos, o dito cabidoo da dita iglesia, por min et por lo dito meu marido et persoas este dito foro que nos fazedes da dita metade da dita casa, segundo et en a maneyra et por las clausulas et condiçoes sobreditas et cada huna delas, et obligo min et meus bees et do dito meu marido et personas de teer et complir et pagar et gardar este dito foro como dito he. Et nos, o dito cabidoo da dita iglesia, asi vos lo outorgamos et obligamos nos et os bees do dito cabidoo de vos lo faser de pas. Et eu, a dita Tareija Rodrigues, por min et por los ditos meus marido et persoas asi o reçebo. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario juso escripto que fesese ende delo esta carta de foro et que a signase de seu signo, et por mayor firmidue mandamosla seelar nos, o dito cabidoo da dita iglesia, de noso seelo.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia, dia esta feyra, triinta dias de agosto, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quinse anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron esto: don Afonso Lopes, chantre; et don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; et don Afonso Ares, arçidiago de Deçon, vigario do senor Obispo de Lugo; et don Rodrigo Afonso, juys; et Lopo Ferrnandes, et Afonso Teyxeyro, et Joan Lopes, coengos prebendados; et Fernando Rodrigues, raçoeyro; et Diego Afonso, capelan; et Lopo Nunes, clerigo; et Afonso Peres de Vilardoe, coengos d’aniversario, persoas et benefiçiados en a dita iglesia de Lugo, et outros.

Et eu Afonso de Montenegro, notario publico da çiudade de Lugo por la abtoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et a pedimento do dito Pedro Ferrnandes et por mandado et outorgamento das sobreditas personas et coengos et benefiçiados esta carta fis escripvir et puje en ela este meu syno et nome en testemoyo de verdade que he tal (signo)

Afonso de Montenegro, notario.