GMH/ÍNDICE A-Z

980
1421, marzo, 8. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó deán, don Xoán Martínez, e a dúas voces unha casa na rúa de Vermudo Sánchez, por renda anual o primeiro beneficiario de 50 soldos e 60 soldos as voces.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 139 v.- 140 r.

Galicia Histórica: T. I, nº 6, 1902, p. 363.

Sabam quantos esta carta de aforamento viren como nos o chantre, persoas coengos et benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabiidoo dentro en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, et de consintimento et outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo et rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, aforamos a vos dom Juan Martines, dean de Lugo, que estades presente, et a outras duas persoas depoys de voso finamento huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquela persoa que por vos fos nomeada, huna nosa casa, que he dos ditos anyversarios, en que morou Moor Martines, muller que foy de Gonçalvo Ferreyro, a qual dita casa esta en o canto da rua de Vermun Sanches çerca da rua do Campo en dereyto a casa de Lopo Calvo, que esta junta da huna parte con huna casa en que mora Tereyia Eanes de Montenegro que he do espital de Santa Maria dos proves vergonçosos, et da outra parte esta junta con outra casa en que mora Eynes Lopes, muller que foy de Juan da Nugueyra, a qual he sub signo da Capela de Santiago da çiudade de Lugo; a a tal pleyto et condiçon que vos, o dito dean, et persoas que suçederen en o dito foro tenades a dita casa feyta et cuberta et portada et ergida et ben reparada; et dedes de foro et penson de cada ano a o dito Lopo Ferrnandes, coengo, ou a aquel que for rendeyro dos ditos anyversarios, vos o dito dom Juan Martines, deam en vosa vida çinquenta soldos, et as outras duas persoas que despoys de vos suçederen en o dito foro que den et paguen de foro et penson cada ano por la dita casa sesenta soldos, et que os pagedes vos et as ditas persoas cada ano por dia de Natal en salvo en Lugo; et outrosy con condiçon que a pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que seia teuda et obligada de o viir reçeber do dito cabidoo et mostrar como he persoa et foreyra del do dia que en el ficar et suçeder por persoa ata triinta dias primeyros seguentes sub pena de perder o dito foro. Et a finamento da pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que a dita casa fique feyta et cuberta et portada et ben reparada a os ditos anyversarios, cuia he, con todos / los outros boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu, o dito dean, que presente estou asy reçebo o dito foro da dita casa para min et para as ditas persoas, et obligo meus bees et seus de o conprirmos, pagarmos et atendermos en todo segundo et en a maneyra que dita he. Et nos o dito chantre et cabidoo asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor, et as signase de seu signal, et por mayor firmedue mandamos seelar a carta de vos, o dito dean, con o sello do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia, oyto dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et hun anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre de Lugo; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; dom Rodrigo Afonso, juyz; Pedro Ferrnandes de Tendilla, thesoreyro; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Juan Lopes, Fernan Peres, Juan Dias, coengos de Lugo; et Fernan Fernandes, raçoeyro, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir, et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.