GMH/ÍNDICE A-Z

1166
1465, decembro, 7 sábado. Lugo

O cabido de Lugo afóralles a Pedro Afonso, á súa muller e a dúas voces todo o que pertence ós aniversarios na aldea de Cuíña, freguesía de Santalla de Fingoi, por renda anual de catro fanegas de centeo e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 32 v.
   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de campaa tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçessores, avido primeyramente noso acordo et madura deliberaçon, aforamos et damos en foro a vos Pedro Afoso de Coyna, morador en Gonteris, por vosa vida et de vosa muller, Lionor Afonso, et de outras duas personas, huna qual nomear o postremeyro de vos en sua vida ou a tempo de seu finamento, et se non for nomeada persona que seia persona do dito foro quen herdar vosos beens ou a mayor parte delles, et asi das outras personas, et outro qual nomear aquella persona que por lo postremeyro de vos for nomeada. Et con condiçon que a dita vosa muller non possa nomear por persona do dito foro en sua vida, nen a tempo de seu finamento salvo fillo ou filla della et de vos, o dito Pedro Afonso, se o y ouver de ambos, et se o y non ouver de ambos que nomee por persona a hun fillo ou filla de vos, o dito Pedro Afonso, dos que vos agora teedes, o lugar et casas et herdades et casaas et arbores que os aniversarios desta iglesia an et lles perteesçen et a nos por rason delles en a aldea de Coyna, frigresia de Santa Alla de Fingos, con todos seus dereytos, a montes et a fontes, por onde quer que seia, a tal pleyto et condiçon que vos et a dita vosa muller et personas despois de vos que dedes, en cada hun ano, de foro por las ditas casas et herdades et beens susoditos en cada hun ano a nos, ou a noso rendeyro et colledor dos ditos aniversarios, quatro fanegas de çenteo por medida dereyta desde dia de Santa Maria de agosto ata dia de Santa Maria de septembre, et que façades huna casa en o dito lugar et levantedes et cubrades hun çeleyro, que he do dito lugar, ata quatro anos primeyros seguentes, sub pena que se o asi non feserdes que por esse mesmo feyto pergades et pergan o dito foro; et con condiçon que cada huna das ditas personas, que suçeder en o dito foro despois de vos et da dita vosa muller, que do dia que en el suceder por foreyra fasta trinta dias logo siguentes nos vena mostrar et insinuar como he foreyra do dito foro, sub pena que se o asi non feser que por esse mesmo feyto perga o dito foro. Et a finamento da postremeyra persona, que suceder en o dito foro do dito lugar, que o dito lugar con suas casas et casaas et herdades et bees sobreditos perteesçentes a o dito lugar fiquen libres et desenbargadas a nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores con todos los boos paramientos que en elles foren feytos.

Et eu, o dito Pedro Afonso, que presente soo asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por las condiçoes et modos et maneyras susoditas para min et para a dita mina muller et personas, et obligo a min et a meus beens et da dita mina muller et personas a teer, complir, pagar et gardar todo o suso contiudo segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello fazer duas cartas de foro por lo notario juso escripto, ambas en hun tenor, huna para vos, o dito Pedro Afonso, et vosa muller et personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores, et por mayor firmeza mandamos seelar a carta de vos, o dito Pedro Afonso, con noso seelo pendente.

Que foy feyta et outorgada en a ciudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia sabado, sete dias do mes de dezembre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et çinquo anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Gomes Vasques, Johan Ares, Diego Fernandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Rodrigo Afonso, Pedro Meendes, et Diego de Fonteyta, coengos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro por mina mao propia escrivi, et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus et notarius.