GMH/ÍNDICE A-Z

D164
1459, maio, 7
Álvaro Fernández querélase contra Tareixa do Pereiro por acusalo de matar ao seu señor e á súa muller de adulterio e roubo; segue a declaración de catro testemuñas. (fols. 48v-49)

Foy dada por nehuna Querella que deu Alvaro Fernandes de porlos ditos alcaldes Tereija do Pereiro. et porlo dito Alvaro Fernandes.

(En este dia e por estes tests. Alvaro Fernandes deu querella de Tereija do Pereira que lle disera que matara o señor con que vivia et que a sua moller que lle chamara que era huna aleyvosa que posera as cornas ao marido, que furtara a el meesmo os diñeiros que tina et posera enna capela de San Joan et que o dava por querella non lle fasendo nen disendo mal nen sen rason alguna et que pedia que lle fesesen justiça, diseron que era prestes de faser aquello que con dereito devesen. Tests. Joan de Caldellas, Garçia Paas, Pero Fernandes, Diego de Balboa notarios. (fol. 48v)
Iten Aldonça Rodrigues, moller de Joan Avean, jurada etç. e preguntada se sabese e ouvyo diser que a dita Tereija do Pereiro chamase ao dito Alvaro Fernandes que matara o señor con que vivia et que sua moller que era huna aleivosa que posera as cornas ao marido et que lle furtara os dños. da capela de San Joan.
Diso que lle oyra diser que a dita sua moller Costança Vasques que el a trouxera de Santiago et que posera as cornas a seu marido et que ela lle furtara os dños. que tina enna enna capela de San Joan.
Iten Costança de Riba davia diso porlo dito juramento que feito avya que lle oyra diser que disera a dita Costança Vasques que era huna puta que posera as cornas ao marido et que ela furtara os dineiros ao dito Alvaro Fernandes que posera en San Joan.
Iten Aldara jurada etç. preguntada enna maneira sobre dita, diso que oyra diser a dita Costança do Pereyra que disera a dita Costança Vasques yde en boa ora que eu nonca pujen as cornas ao marido et yde ora maao que nonca nehuun furtou os dños. (a)* en San Joan et yde por vo voso a iglesia e a San Joan que os dños. nonca os nihuun fortou se non vos.
Iten Tereija Esteves diso porlo dito juramento que feito avya que disera ao dito Alvaro Fernandes que matara a seu señor et que disera que a dita Costança Vasques que posera as cornas a seu marido et que esto que o disera por ante ela test. e non estando Costança Vasques de presente et que ela que lle disera que se callase que desia mal)*. (fol. 49)