GMH/ÍNDICE A-Z

345
1359, maio, 31
venda

Aldonza Pérez véndelle a Lopo Rodríguez de Sabadelle a renda de 10 libras de diñeiros portugueses sobre as herdades que foron de Martín de Parada, en "Caschacoonba" (Velle), por 120 mrs.

ACOu, Escrituras X, 42

Sabeam quantos esta carta viren que eu Aldonça Peres moller de Fernan Garçia, moradores em Ourense na rua dos Arçidiagos, por liçençia e outorgamento e consintimento do dito meu marido que he presente e outorgante, por min e por toda mina voz vendo para senpre e logo por esta presente carta entrego a vos Loppo Rodrigues de Sabadelle, escudeiro morador no dito lugar de Sabadelle, conven a saber dez libras de diñeiros purtugueses de que contan qoreenta pares por tres libras, as quaes eu ey e me perteençen de aver cada anno por dia de Sam Martiño do mes de novenbro para senpre que eu ey pelas vinas e herdamentos que foron de Martin de Parada çapateiro que foy, os quaes ora teen Viçente Suarez notario d’Ourense e Eynes Fernandes sua moller. Et os quaes herdamentos e vinas iazen enna freguisia de Santa Marta de Velle no lugar que chaman Caschacoonba. Vendovos as ditas dez libras de diñeiros portugueses por preço çerto que a min e a vos aprouvo de me por ellas dardes, conven a saber çento e viinte mor. de diñeiros brancos desta moeda hussavyl que ora corre de dez diñeiros cada mor. de que me logo fazedes pago en diñeiros feytos e contados de que me logo outorgo por entrega e bem pagada en presença do notario e testemoyas adeante escritas. Et renunçio aa exçepçon de nunumerata pecunia et do engano da meatade do dito preço e mays se a por min ouver que me non vala. Et logo todo jur, señorio, posissom, propiedade, voz e auçon e dereito que eu ou mina voz avya ou poderia aver ennas ditas dez libras de diñeiros portugueses, todo o tolo e tiro e removo e traspasso de min e de toda mina voz et poñoo en vos o dito Loppo Rodrigues para senpre por esta presente carta et en toda vosa voz, asy que vos e vossa voz façades dellas toda vossa livre propia voontade et o que vos ende aprouver asy commo de vosa cousa propia. Et para vos e vossa voz seerdes anparados e deffesos para senpre a dereito con esto que vos eu vendo, obrigovos todos meus beens gaañados e por gaañar, et de mays pono en penna que quen quer da mina pare ou da estraia que vos contra esta venda e carta veer commo quer ou en qual quer maneira, en parte ou en todo que aia a yra de deus e a mina maldiçon et peyte a vos ou a vosa voz por penna çen mor. da boa moeda et aa voz del rey outro tanto et a penna pagada ou non que esta carta e venda fique firme e vala para senpre. Feyta a carta en Ourense o postromeiro dia do mes de mayo, era de mill tresentos e noveenta e sete annos. Testemoyas que a esto presentes foron Domingo Affonso da rua dos Çapateyros e Fernan Affonso seu fillo e Pero Beesteiro seu home moradores en Ourense e Gonçalvo Rodrigues home do dito Loppo Rodrigues e Johan Peres morador en Castedom.

Et eu Viçente Suarez notario publico d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar que a esto presente foy e o scrivy e meu nome e sinal aqui fige que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de Cascha Jova.