GMH/ÍNDICE A-Z

277

xuño, 6

Afonso García pide ao xuíz a confiscación de todo o viño procedente de Portugal, segundo manda o ordenamento real, por prexuízo nas alcabalas. (fol. 88v)

Testemunyo de Afonso Garçia sobre lo viño de Portugal.

Anno sobre dito a VI dias do mes de juyo, en Ourense enna Praça do Canpo, Afonso Garçia tomou tests. contra Loys Gonçalves juis, disendo que por rason que estava ordenamento de noso señor el rey que nihuun viño de Purtugal non entrase enno reyno de Galisia, sopenna de perder as bestas e viño por ende que pedía, frontava et requeria ao dito juis que qual et outrosy por rason que a noso señor el rey e a Fernando Garçia e a el en seu nome viña grande desserviço ao dito señor e ao dito Fernando Garçia perda ennas alcavalas, por ende que lles requería que qual quer viño que achasen que veese do reyno de Purtugal que o tomasen et tevesen en sy secrestado ata que o dito señor rey en elo remediase etç. et fasendo asy que farian ben et dereito, senon que protestava etç. e o dito juis diso que era prestes de faser aquelo que con dereito devese e fose serviço do dito señor rey e do dito conçello etç. Tests. Fernando Ramos, Afonso de Betanços Rodrigo Afonso, Afonso Caldellas, Alvaro Afonso e outros.

En este día feso outro tal requerimento contra Afonso Yanes juis enna Rua do Pelouriño e o dito juis deu a sobre dita resposta etç. Tests. Joan Garçia, Alvaro Afonso da Fonteyña, Meen Suares.