GMH/ÍNDICE A-Z

105
1457

-105-

Quita.

Ẽno dito Rriãjo, vj djas do dito mes do dito ano4. Como4 eu, Sueyro Gomes de / Soutomayor, vasalo de noso señor el rrey, por rrasõ que355 (que) vós, Ferrnand / Gonçalues, morador ẽno dito porto, me distes e dades e deixades a herdade e vjna que / vós avedes e teedes entre356 o dito lugar e357 o valo das vjnas do Barco, / que eu aforo para casas; por ende358, en emẽda da dita herdade vos / quito o foro do voso vaçelo de Pera de Pena4, para en toda vosa vjda, / que por toda vosa vjda me nõ dedes a mj nẽ a mjnas boses foro / nẽgũu dela. Carta firme, et çétera. Testigos: Jon Seco e Afonso Vjdal, moyneyro, e / Afonso da Silua, mayordomo do dito Sueyro Gomes, e o dito Ferrnã Gonçalues. / Así mjsmo se dou por pago e satisfeyto da dita herdade que o dito Sueyro lle tomaua359.

_________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
355. Despois está riscado eu ey tomado.
356. O e inicial está escrito sobre de.
357. Despois está riscado as.
358. Despois está riscado vos.
359. O dito Ferrnã+ ...  lle tomaua está engadido despois de pechada a nota.