1379, febreiro, 18. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Gómez Arias e á súa muller e a unha voz
herdades en San Cosmede de Chamoso e a herdade de Abuín, nas freguesías
de San Cosmede, San Pedro de Arxemil e San Cristovo de Chamoso, por
renda anual de 14 tegas de centeo e a obriga de construír unha casa.
Era
de mill et CCCC XVIIe
annos, XVIIIº dias de fevreyro.
O
dayam et cabidoo da iglesia de Lugo aforamos a Gomes Aras de San Fiiz
de Paradela et a Moor Aras, sua muller, et a huna persoa depus eles,
qual nomease o pustrimeyro deles, todos los herdamentos et [...] de
San Cosmede, que he en terra de Chamoso, que donna Sancha, priora [de
Santa Maria a Nova, escambeou] con o dito cabidoo, os quaes
herdamentos foron de Fernando Martines, notario que foy de Lugo, et
con a herdade de Avuyn que son dos aniversarios, sub signo de San
Cosmede et de San Pedro de Argemir, et de San Christovoo de Chamoso,
et sub outros signos quaesquer. Et o dito Gomes Aras et sua muller et
a dita pessoa han de dar cada anno quatorse teegas de çenteo en paz
et en salvo en Lugo por dia de San Martino a os ditos aniversarios.
Et o dito Gomes Aras han de faser en hun dos formaes das ditas
herdades, que esta por fazer, huna casa, et se y formar feyto non
achar que faça a dita casa enna dita herdade ut vyan que mays
compre. Et o dito dayan et cabidoo asy outorgou o dito foro a o dito
Gomes Aras para sy et para la dita sua muller et por la dita perssoa,
asy o reçebeu o dito foro et con las condiçoes sobreditas, et
obligou por todos seus bees et deles de o comprir [et guardar] et de
faser a dita casa et de leixar os ditos herdamentos a a morte del
[...] et pustrimeyra persona con todos los boos paramentos que y
foren feytos.
Testemoyas:
[...], arçidiago de Neyra; arçidiago de Deça; arçidiago de Deçon;
Aras Gomes, juys, et outros.
Fernando
Peres.