GMH/ÍNDICE A-Z

107
1315, maio, 12
venda

Tareixa Méndez véndelle a Xoana Núñez dúas leiras de viña en Rairo, foreiras de quinta á catedral, por 750 mrs. de moeda portuguesa.



ACOu, Escrituras XVII, 77

Sabeam quantos esta carta virem que eu Tereyia Meendez moller de Martin Anes d’Allariz vendo e entrego por esta carta a Johanna Nunez filla que foy de Aldonça Eanes dita Fariña d’Ourense duas leyras de viña que eu ey en termio d’Ourense no lugar que dizen Raayro, das quaes a huna parte con a viña de Domingo Ledo carniçeiro e da outra con a viña que foy de Domingo Alvardam e entesta na viña de Giral Fernandes e en fondo fer enno rigueyro do dito rio de Fossado. Et a outra iaz con a leyra de Domingo Galego da huna parte e da outra a de Johan Peres correeyro e ençima entesta no camiño de Rayro e en fondo fer no souto que foy de Roy Peres. Vendo a ella as ditas leyras de foro de quinta ao bispo e ao cabidoo d’Ourense e livres e desenbargadas doutro enbargo. Que ella e toda e toda sua voz aia e pessoya as leyras sobre ditas en jur de herdade para senpre e faça delas toda sua voentade livremente e o que lle aprouver. Ca outorgo que reçebi dela ben e conpridamente todo o preço que a min e a ella aprouvo, conven a saber seteçentos e çinqoenta mor. da moeda portuguesa de que contan xvi pares de dineiros novos por tres mor. Et logo todo jur, voz, señorio, possisson, propiedade e dereito que eu ey nas leyras sobreditas todo o tollo de min e de toda miña voz e meto e poño a dita Johanna Nunez e toda sua voz en corporal possison delas para senpre por esta carta. Et renunçio que non possa dizer que en esta vendiçon foy enganada en mays da meatade do justo preço e que non reçebi os ditos mor. ben e conpridamente en dineiros contados. Et outorgo que ella e toda sua voz seia senpre anparada a dereito con as leyras sobreditas por min e por todos meus beens gaañados e por gaañar. Et quen quer que contra esta vendiçon veer aia a yra de deus e a miña maldiçon e quanto demandar peyteo a ella e a sua voz dobrado e aa voz del rey de pena c mor. da boa moeda e esta carta fique firme e valedeyra para senpre. Feyta a carta en Ourense, xii dias de mayo, era de mill e cccliii annos. Testemuyas. que foron presentes Affonso Viviaez coengo d’Ourense, Johan Peres escudeiro, Lourenço Eanes, Fernan Domingues omes do bispo e Lourenço do Rego omme de Affonso Viviaez.

Et eu Fernan Perez jurado notario da çidade d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar a esta vendiçon presente fuy por mandado de don Bertholameu Perez chantre e chançeller dessa meesma çidade e esta carta en mia presença fiz escrivir e meu sinal y puge en testemuyo de verdade.

(sinal)