GMH/ÍNDICE A-Z

D214
1459, maio, 28
Costanza Fernández obrígase a entregar a Afonso do Campo cinco varas de morilla para un pelote, outras cinco de pano de estopa para unha camisa e oito toucas de liño, en pago da soldada que lle debe. (fol. 64v)

Afonso do Canpo de Belle.

A viinte e oyto dias de mayo en Ourense, Costança Fernandes moller que foy de Garçia Fernandes se obrigou de dar et pagar Afonso do Canpo de Belle çinco varas de morilla para hun pelote, porla vara grande et oyto toucas de lyno /e çinco varas des-topa para huna camisa\ que lle deve de soldada, et obrigouse delle dar as ditas çinco varas de morilla e oyto toucas ata dia de San Martiño primeiro que ven, sopena delle pagar todo o al que lle deve de soldada, para o qual obrigou sy e seus bens etç. Tests. Pero de Myranda, Gomes de Mugares, Afonso Barella, Gomes de Ribadiso, Ares Neto. Son çinco varas de pano destopa para huna camisa e non enpesca por que esta sobre escripto.