GMH/ÍNDICE A-Z

408
1379, novembro, 9
foro

O cóengo Gonzalo Iáñez afóralle a Durán Lourenzo, cóengo e bacharel en decretos, unha herdade no Outeiro da Forca por un capón ou 2 mrs.

ACOu, Escrituras XII, 71

(ed. M. Castro / M. Martínez Sueiro, Colección de Documentos del Archivo de la Catedral de Orense, I, 202-204, con data 1277)

Enno nomme de deus amen. Sabean todos los que son et seran por aqueste escrito para senpre valledeiro que eu Gonçalvo Anes coengo enna igleia d’Ourense, morador na rua da Correaria, fillo de Miguel Anes e de Tereyia Peres sua moller que foron, por min et por toda miña voz dou a foro para senpre (huna leyra) derdade a vos Duran Lourenço coengo enna dita igleia et bacheller en degredos et a toda vossa vos, conven a saber que vos dou huna leyra derdade e terreo que foy viña que eu ey e me perteençe por razon da hereença dos ditos meus padre et madre, que iaz enno lugar hu chaman o Outeiro da Forca açerca de San Lazero, et demarca con outra erdade da cappella de Santa Ouffemea que lavra Iohan Yanes o capellan e dun cabo et do outro porlo caminho por que van para as vinhas do Vaao e topa no dito Outeiro da Forca, con entradas et seydas e con todos seus dereitos e perteenças sub tal pleito e condiçon que façades della et en ella o que quiserdes et vos deus guisar, et dedes ende a min e a meus soçessores en cada huun anno en salvo porla festa de señor San Martiño do mes de novenbro huun capon boon ou dous mrs. de diñeiros brancos ou a estimaçon delles se outra moeda correr, et que pagedes (dise)mo a deus e livre e quite de todo outro enbargo e encarrego alguun. Et he posto que (se) porla ventura vos ou vossa vos non pagardes o dito foro por tenpo de des annos ou (...) quanto quer que seia, que por esso non percades a dita herdade, mays que eu et miña vos que posa(mos) por el pinorar per nossa outoridade a vos et ao que tover a dita herdade, et renunçio sobrelo por min et por toda miña voz o capitulo potuit en phiteota de locato con todos los outros dereitos que fazen a ello, et se por ventura mays val dou vollo et prometo et outorgo que nunca vos dello demande o desenganno por min nen por outre. Et eu o dito Duran Lourenço assy o outorgo et reçebo en min a dita erdade afforada per la maneira et condiçoens que ditas son et obrigo todos meus beens gaanñados e por gaañar para vos pagar o dito foro e fazer et conprir et agardar as condiçoens que en esta carta son contiudas. Et eu o dito Gonçalvo Anes obrigo todos meus beens a vos e a vossa vos (...) vos anparar et deffender senpre a dereito con a dita erdade que vos dou a foro segun(do dito) he. Et quen quer de nos as partes que contra esto passar peyte aa outra parte agardan(te ...)eenta mrs. de diñeiros brancos por nomme de penna e de interese, et a dita penna et (interese) pagado ou non este contrauto e as cousas en el contiudas fiquen firmes e valledeiras par(a) senpre. Feita a carta en Ourense, nove dias de novenbro, era de mill e ccccos e xvii(...) annos. Testemunyas Gonçalo Martines coengo d’Ourense e Gonçalvo seu sobriño et Fernan So(...) omme do dito Gonçalvo Anes et Roy Lourenço de Tavoadella escudeiro et outros.

Et eu Martin Gonçalvez publico notario d’Ourense por la igleia desse lugar que a esto presente foy e en miña presença o fiz escripvyr e meu nomme e meu signal aqui fiz en testemunyo de verdade que he (tal).

(sinal)