GMH/ÍNDICE A-Z

58

a
xaneiro, 24

Álvaro de Madrosende vende a Pedro de Rozas, correeiro, e á súa muller Costanza Afonso a súa parte -a outra metade pertence a Costanza González, sogra de Pedro de Temes- dunha leira de viña sita en Pena Redonda, cerca da cidade, por 120 mrs., sendo fiador do pagamento Pedro de Temes. (fols. 18v-19)

Feita e dada carta de Pero de Roças.

Sabean quantos esta carta de venda viren como eu, Alvaro de Madrosende, morador en Madrosende, vendo firmemente por min et por toda miña voz et logo por esta presente carta entrego a vos, Pero de Roças correeyro que sondes presente et a vosa moller, Costança Afonso que non he presente, moradores enna çidade d’Ourense et a todas vosas voses para senpre de disemo a deus para senpre, conben a saber que vos vendo toda a miña parte e quiñon de huna leira de viña que jaz a çerca da çidade d’Ourense, a su Penna Redonda, a qual parte de huna das partes con a congostra que vay para Penna Redonda et da outra parte con viña de Garçia Afonso Gonçalves raçoeiro enna igleia d’Ourense et da outra parte con viña de
(- - -)
Da qual dita leira de viña ameatade dela he miña et a outra a outra ameatade de Pero de Costança Gonçalves, madre da moller de Pero de Temees, que a nome Costança Gonçalves, a qual dita viña he ameatade dela miña de disemo a deus et a outra ameatade da dita Costança Gonçalves, asy que vos et todas vosas voses ajades et pesuyades a dita leyra de viña a dita miña ameatade de disemo a deus et por jur derdade para senpre; conosco et outorgo que reçeby de vos todo o preço que a vos et a min aprouvo de me por ela dardes, conben a saber çento e viinte mrs. branca en tres dños. dos quaes ditos çento e viinte mrs. me dou por pago e renunçio sobre elo a ley et exçepçon de ynnumerata pecunia etç. et se mays val douvoslos en pura doaçon etç. e logo todo jur, dereito, señorio etç. que eu ajo enna dita leira de viña todo o tiro de min et o poño en vos et en vosas voses de disemo a deus para senpre et por esta presente carta vos ( fol. 18v)
poño enna posison etç. e obrigo meus beens de voslo faser saao et de paz etç. e qual quer da miña parte etç. Penna çen mrs. etç. Tests. Loys Gonçalves juis, Alvaro Afonso seu criado, Estevo Yanes do Canpo, Gonçalvo da Renda, et non enbargante que se outorgou por pago dos ditos CXX .- alos de dar e pagar ameatade em de janeiro et a outra ameatade en fin de fevereiro primeiros sigentes e doulle por fiador a Pero de Teemees vesiño d’Ourense. Feita a XX IIII dias de janeiro do dito anno.