290
xuño, 14
Diego de Merí e Vasco de Prado ofrecen fianza polo barbeiro Lopo, que está preso. (fol. 92-92v)
Afonso Yanes juis.
En este día, por rason que Afonso Yanes juis tina preso en sua cadea a Lopo barbeiro, a pedimento et querella do criado de Loys Gonçalves de Valladolid, (fol. 92)
por ende se obrigou Diego de Meríí e Vasco de Prado, anbos a dous de man comuun et cada huun por lo todo, de tornar a dita cadea a poder do dito Afonso Yanes ao dito Lopo, donde o sacavan, do día que fosen requeridos porlo dito juis, sendo enna vyla, a terçeiro día e fora a nove dias e de estar ao juiso e non o tornando que cumplan por el de dereito et de estar ao juiso e pagar o julgado, para o qual obrigaron sy e todos seus beens e mandaron faser contrauto forte e firme etç. Tests. mestre Fernando, Gonçalvo de Riba de Miño e Pero ommees do dito juis.