GMH/ÍNDICE A-Z

E1-17
1436, xuño, 4
O Concello recibe como veciño e fai avinza con Afonso García, prior de San Pedro de Rocas, eximíndoo de impostos a cambio do pago anual de 50 mrs., coa condición de non encubar na cidade máis de vinte cargas de viño cada ano. (fols. 10-11)

Aviinça de Afonso Garçia prior do mosteiro de San Pero de Rocas.

Anno domini Mº CCCC XXXVI, quatro dias do mes de juyo, enna çidade d’Ourense, enno Paraiso da eglesia de San Martiño, en presença de min o notario et tests. de juso escriptas, estando y presentes en conçello Loys Gonçalves, mestre Fernando juises da dita çidade et Garçia Dias d’Espinosa et Alvaro Afonso da Fonteyna,
Goterre Afonso, Estevo Fernandes, Gomes de Chantada, Afonso Tofino regedores, Afonso Gonçalves de Meende procurador do conçello da dita çibdade, et Joan Peres de Rioseco et Vasco Afonso, Meen Suares, Nuno Patino, Alvaro carniçeiro, parte dos vesiños da dita, outrosy estando y presente Afonso Garçia prior do mosteiro de San Pero de Rocas, logo o dito Afonso Garçia prior diso que pedía aos ditos juises e rejedores e procurador et omeens boons do dito conçello que o reçebesen por seu veziño et lle fesesen aviinça de cada huun anno, et el que era prestes de lles dar de cada anno çinqoeenta mrs. branca en tres dños. por todo tenpo de sua vyda, et logo os ditos juises et rejedores et procurador et omeens boons do dito conçello diseron que reçebyan por veziño ao dito Afonso Garçia et que lle fasian a dita aviinça e a fazian con el por todo tenpo de sua vyda en esta maneira: (fol. 10)
que o dito Afonso Garçia que día et page de cada huun anno ao dito conçello por todo tenpo de sua vyda por cada dia de San Martiño do mes de nobenbro çinqoeenta mrs. branca en tres dños. et que estes çinqo mrs. que os page se ouver tallas ou pedidos conçelavelles enna rua onde pousar para ajuda das ditas tallas e pedidos da dita çidade et non as vendo y que os page para os mesteres et neçesydades do dito conçello, et que non posa encubar nen encube enna dita çibda mays que ata viinte carregas de viño ontre branco et rosete e non mays et se mays encubar de cada anno que o perca ou que page de cada moyo do que mays encubar dez mrs. de cada moyo, et do al que o dito Afonso Garçia que (aja et gose)* seja franco e quite, ysento (et gose)* de todos outros quaes quer peytos et pedidos e moedas e tallas conçelavelles que se deytaren et derramaren enna dita çidade et goze de todos los privilegos et franquezas et liberdades e boons usos et costumes que an et gosan os vesiños da dita çibdade, para o qual o dito Afonso Garçia diso que asy fasía a dita aviinça con os ditos señores juises e rejedores et procurador et omeens boons do dito conçello et que obrigava sy e todos seus beens de pagar de cada huun anno os ditos çinqoeenta mrs. porlo dito dia de San Martiño ao dito conçello et dava poder a qual quer justiça asy eclesyastica como segrar (etç.)* et de conprir et agardar (fol. 10v)
as condiçoens desta carta e cada huna delas. Et os ditos juises et rejedores e procurador et omeens boons do dito conçello diseron que asy fasian a dita aviinça et que obrigavan a elo os beens do dito conçello etç. Penna mill mrs. etç. Tests. que foron presentes Pero Vasques, Fernando de Rioseco, Pero d’Espinosa, Meendo de Seabra.