GMH/ÍNDICE A-Z

E1-52
1437, abril, 4
Xunto ao Concello, o xuíz Rodrigo Afonso de Touro oponse á avinza con Afonso Gómez de Allariz, xa que entende que é prexudicial para o Concello. Pola contra, outros membros do Concello consideran convenientes os 160 mrs. anuais que
o Concello obtería. (fol. 34-34v)
Quatro dias de abril, en Ourense ennas casas de Garçia Dias d’Espinosa, estando ende presentes Rodrigo Afonso de Touro, Alvaro Afonso da Fonteyna juises, Loys Gonçalves, Garçia Dias, Estevo Fernandes, Goterre Afonso, Gomes de Chantada rejedores, Meen Suares procurador, logo o dito Rodrigo Afonso de Touro juis diso que non consentía en aviinça nehuna que fose feita Afonso Gomes d’Allaris e que lles requeria que non a fesesen, senon que protestava etç. Et Loys Gonçalves e Alvaro Afonso rejedores /et Meen Suares procurador\ diseron que por quanto el estreeçia que non fesesen a dita aviinça ao dito Rodrigo Afonso, a qual diseron que por quanto dava CLX.- vellos de aviinça de cada huun anno por todo tenpo de sua vyda, que entendian et eran çertos que era probeyto do dito conçello et por ende que lle requerian que non estreecese de faseren a dita aviinça, senon que protestavan que se pleyto ou contenda o dito Afonso Gonçalves sobre elo quisese trautar ou mover ao dito conçello, que o dito Rodrigo Afonso e os que en elo fosen, fosen a elo tiundos et obrigados et de o sobyr et non elles nen o dito conçello. Et o dito Rodrigo Afonso diso que era dapno et perdida do dito conçello et vesiños del de se a dita aviinça faser, et por ende que a contradesía da sua parte en quanto podia e sua voz valia et que esto dava en resposta. E os ditos rejedores anbos e o dito procurador diseron que desian o que (fol. 34)
dito avyan. Et o dito Rodrigo Afonso diso que desia o que dito avia. Tests. os sobre ditos rejedores e Joan d’Espinosa bacheller.