43 
    
 
    xaneiro, 15 
    
 
    Sentencia dos xuíces para que Gonzalo de Sarria cumpra as cláusulas do contrato subscrito con Pedro do Tiollo ou pagar a pena correspondente. (fol. 13)     
    
 
    Pero do Tiollo. 
    
 
    En este dito día e ora e por estas testemonyas, Loys Gonçalves e Afonso Yanes juises, audiençia da terça, mandaron por sentença a Gonçalvo de Sarria que quitase e relevase sen perdida e sen dapno a Pero do Tiollo da aviinça que lle fesera segundo que se contiña enno contrauto que logo y presentou e o dito Gonçalvo de Sarria diso que era verdade que lla fesera e o dito juis mandou por sentença ao dito Gonçalvo de Sarria que lle tevese a dita aviinça et non lla fasendo saa que lle pagase a penna do contrauto e o dito Gonçalvo de Sarria diso que en rason da pena que apellava. (    fol. 13)